miniatura|250px|Vítimas amoreadas pola Garda Nacional do Salvador en Izalco, 1932. O xenocidio pipil do Salvador foi un proceso sistemático de exterminio das comunidades pipís do Salvador, levado a cabo polo estado salvadoreño entre 1932 e 1944, sendo os primeiros meses os máis intensos e provocándose nestes a maior cantidade de vítimas. O resultado foi a práctica extinción da etnia pipil e a súa cultura e lingua, ademais de dar inicio a unha ditadura militar autárquica de 12 anos que supuxo o comezo dos réximes militares salvadoreños.
Contexto Ante a caída dos prezos internacionais do café e durante un período de recesión prologada, a economía salvadoreña atopábase en momentos febles. En decembro de 1931, un golpe militar substituíu o goberno laborista do presidente salvadoreño Arturo Araujo co ditador militar Maximiliano Hernández Martínez. Un mes despois, na noite do 22 de xaneiro de 1932, miles de campesiños indíxenas participaron no levantamento campesiño de 1932 encabezado por Agustín Farabundo Martí e apoiada polo Partido Comunista Salvadoreño.
Xenocidio Hernández Martínez reprimiu facilmente a rebelión e autorizou a execución sumaria de arredor de 25.000 persoas.Museo de la palabra y la imagen 1932, Cicatriz de la Memoria El Periódico Nuevo Enfoque Feliciano Ama, líder de la insurrección indígena de 1932, consultado o 11 de abril de 2007Argueta, Ricardo Los grandes debates en la historiografía económica de El Salvador durante el sigloXX. Consultado o 5 de maio de 2007. O levantamento e a súa brutal represión, á que se denomina "La Matanza", foron feitos transcendentais na historia do país. A revolta demostrou o valor da ditadura militar para a elite terratenente, que se convenceu da necesidade dunha vixilancia eterna contra a ameaza dunha revolución comunista.el Rojo, Heródoto El Salvador, de la esperanza a la desilusión consultado o 23 de abril de 2007.
A escala da represión do goberno por mor da rebelión errada non tivo precedentes na historia do Salvador. O exército, a policía,Ministerio del Interior Español Guardia Civil-Historia a Garda Nacional e as forzas privadas dos facendados participaron nunha serie de masacres que durou unha semana. Os líderes da insurrección, incluído Agustín Farabundo Martí, foron capturados e fusilados. miniatura|Camioneta chea de cadáveres en Juayua, 1932. Durante “La Matanza” calquera persoa que tivese aparencia indíxena, vestise roupa indíxena ou falase pipil, ou calquera persoa que simplemente se pensase que estaba asociada coa rebelión era fusilada. Nalgúns casos, pobos enteiros desapareceron. Nunca se coñeceron as cifras exactas, mais o número de mortos estímase entre 10.000 e 30.000 persoas. A ditadura insistiu en que só 2000 foron asasinados. Para a poboación indíxena do Salvador, os efectos do masacre foron moito máis alá do número inmediato de mortos. A medida que se fixo cada vez máis perigoso ser identificado como indíxena, a vestimenta, a lingua e os costumes tradicionais desapareceron en gran medida.de la Rosa Municio, Juan El Salvador: Memoria histórica y organización indígena consultado o 22 de abril de 2007.
Para as elites salvadoreñas, a revolta combinaría os seus fortes temores á rebelión indíxena e a revolución comunista. Cando a violencia da Matanza minguou, unha combinación de racismo e anticomunismo converteuse na ideoloxía principal da elite. Esta ideoloxía serviu para bloquear o cambio social e xustificar a represión. Politicamente, O Salvador tería unha serie de xuntas militares até a guerra civil do Salvador na década de 1980.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xenocidio Categoría:Historia do Salvador