O Requeixo é un lugar da parroquia de Celeiros no concello pontevedrés de Ponteareas. No ano 2022 tiña 30 habitantes (15 homes e 15 mulleres). Toponimia O topónimo vén da palabra requeixo, que ten varios significados; o máis probable é que signifique "Terreo en pendente que vai dar a un val", debido á posición xeográfica da aldea, que se atopa nunha pendente.
Historia A primeira mención que se coñece do barrio é do ano 963, nun documento do mosteiro de Santa María de Melón que fala da fundación de Santa Locaia (Guillade), referíndose ao barrio como "Requieiso".
Patrimonio
No Requeixo atópase a casa da Carixa, a cal pertenceu a unha familia moi importante na parroquia. Preto deste barrio atópase a carballeira dos Candeira e o piñeiro manso desta tamén importante familia.
Lugares e parroquias Lugares de Celeiros
Parroquias de Ponteareas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Ponteareas
Categoría:Lugares de Ponteareas