Antonio Moreda Rodríguez, nado en Ribadeo, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1918.Diario de Galicia, 27-8-1918, p. 1. Ao ano seguinte foi nomeado secretario do Concello de Barreiros,El Eco de Santiago, 14-1-1919, p. 2. permanecendo no posto ata 1924.El Eco de Santiago, 2-2-1924, p. 3. Despois foi avogado en Ribadeo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Ribadeo o 23 de xullo, cando as forzas do exército sublevado entraron en Ribadeo.Actitudes sociales ante la persecución golpista en el Ayuntamiento de Ribadeo (1936-1941). Un estudio sobre los verdugos y su relación con la sociedad Permaneceu no cargo ata xullo de 1939.BOP Lugo, 18-9-1936, p. 1.
Vida persoal
Casou con Sara Novo Ríos, e foi pai de Antonio Moreda Novo. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Galicia
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Alcaldes de Ribadeo
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Ribadeo