Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOAMaría Pérez (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.
Traxectoria Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de MaríaSOA -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo.
Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas nos cantos de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica. Propoñen un espectáculo teatral do que forma parte o público, sempre desde unha ollada feminista e actual e no que o piano e as percusións están apoiadas en bases electrónicas.
Na tradición os temas están influenciados por Xosé Lois Romero e Aliboria, Leilía, Baiuca e Contrapunto das Tanxugueiras. Nas harmonías hai referentes do barroco e pola electrónica inflúen Rosalía ou a Bad Gyal.
En 2022 estrearon o tema "Lisístrata" no Luar e actuaron en escenarios de toda Galicia.
O seu primeiro disco, Acrópole (2023), semella unha obra de teatro clásico con heroínas mitolóxicas na que se achegan as mulleres do presente coas do pasado, as vivencias propias coas alleas. Están Antígona, Pandora, Eco, as Moiras e as ninfas Dafne e Syrinx. A revista Mondosonoro elixiu Acrópole como o 10º mellor disco de raíz-flamenco do ano 2023.
O seu segundo disco, Tertúlia (2026), foi producido por Çantamarta e pretende manifestar o colectivo e o afectivo, poñendo como obxecto principal unha cadeira coa que representar conversacións en colectivo. Contén colaboracións con artistas como Pipiolas, Abraham Cupeiro, Ede ou Zetak.
Discografía
Discos Álbum Ano Selo Notas ACRÓPOLE 2023 Altafonte Hibernarse 2025 Altafonte EP de catro temas. Proxecto multiformato sobre a construción social do tempo a través de distintas disciplinas artísticas. TERTÚLIA 2026 Altafonte
Sinxelos "PUNHETA!" (17 de marzo de 2023) con Mondra e Berto "Tataravoa" (7 de xullo de 2023) con Galician Army "Tola" (28 de xullo de 2023) con Berto "canta miña sombra (negra sombra)" (15 de setembro de 2023) "d'ESCARNIO" (2024) "MARICARMEN" con La Pegatina (2024) "Cuando nadie ve" (2004) "Anguleele" (31 de xaneiro de 2024) con Zetak "Quen é a que canta?" (29 de marzo de 2024) con Tanxugueiras "quebrantarse" (2025) "arderse" (2025) "A todas partes" (2026) "saír á fresca" (2026) "insolación" (2026) "déixate ver" (2026)
Aparece en
Contra vento e marea de Rebeliom do Inframundo DiMe de Berto con Nia Twee
Premios
2023: Premio aRi[t]mar á Mellor Música do Ano en Galicia en 2022.
2024: Premio Rosa dos ventos. Outorgado anualmente polo alumnado de 5.º curso de bacharalato do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires. 2026: Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip do Ano por Hibernarse - O VIDEOFILME
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Canle de You Tube de Fillas de Casandra Web oficial
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais formados en 2022