Abel Reverter Valeiras, nado en Ourense en 1988, é un deseñador visual galego.
Traxectoria
De familia vinculada á enxeñería, estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid. En 2011 comezou a traballar como bolseiro nun estudo londiniense de deseño visual, o que o levou a contactar con outras empresas do sector e iniciar a súa carreira profesional como deseñador de gráficos en movemento.
Traballou para varios estudos de deseño gráfico e deseño visual no Reino Unido e nos Estados Unidos, como MPC, primeiro como freelancer e a partir de 2017 con postos xa sénior como director de arte para Monstro.TV ou Territory Projects. Os seus deseños visuais apareceron no filme Blade Runner 2049, e en distintas campañas publicitarias de nivel internacional para Apple, Spotify, Microsoft, Google ou The New York Times.
En 2012 coñeceu a deseñadora británica Katie Menzies, coa que iniciou unha relación sentimental e laboral e a canda ela fundou en 2018 o estudo Cabeza Patata en Londres.
Notas
Categoría:Deseñadores de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1988 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deseñadores gráficos