thumb|Un mosaico do Xerión no sentido de entrada da rúa Linares Rivas na Coruña.
dereita|miniatura|Xerión na rúa Rexedor Somoza. dereita|miniatura|Xerión feito con cinta nun valo na rúa Atocha Alta. dereita|miniatura|Xerión no estadio de Riazor, posteriormente retirado polo concello Xerión é un movemento de arte urbana que naceu na cidade da Coruña e que toma o mito que leva o seu nome como protagonista. Na biografía do seu perfil de Twitter figura o lema "O underground, literalmente, que sae de baixo a Torre". Descrición Trátase dunha codificación da caveira do xigante Xerión que aparece na parte inferior do escudo da cidade. Esta caveira e tibias cruzadas toman forma de grella que se materializan en todo tipo de soportes como mosaicos, colaxes, cinta ou pintura.
Repercusión O Concello da Coruña mostrou unha actitude crítica e persecutoria, tras manifestar que difundirían e respectarían estas manifestacións. Con posterioridade o concello continuou a eliminar xerións como o mosaico do estadio de Riazor ou o aparecido no parque de Santa Margarida Diversos medios fixéronse eco deste movemento, con forte base comunitaria e faino ti mesmo, dun xeito positivo dentro do campo da arte urbana, da manifestación identitaria local ou reseñado como un atractivo que mostra a vitalidade da cidade.
Premios e recoñecementos Este movemento de arte urbana foi nomeado ós Premios Gráffica 2023. Na candidatura definíase como "exemplo excepcional de deseño anónimo e colectivo que tivo un profundo impacto na cidadde da Coruña."
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Movementos artísticos Categoría:A Coruña