Narvik é un filme noruegués de 2022 dirixido por Erik Skjoldbjaerg. É un filme histórico que narra a batalla de Narvik ocorrida entre o 9 de abril e o 8 de xuño de 1940. Producido por Nordisk Film, está protagonizado por Kristine Hartgen, Carl Martin Eggsbø, Cristoph Gelfert Mathiesen e Henrik Mestad. Estreouse nos cinemas de Noruega en decembro de 2022 e estreouse internacionalmente (agás en Noruega) en Netflix en xaneiro de 2023.
Sinopse En abril de 1940, Narvik, unha pequena cidade do norte de Noruega, transportaba habitualmente dende o seu porto o 85% do mineral de ferro utilizado pola maquinaria de guerra da Alemaña nazi. Os intentos de interromper este proceso durante dous meses de feroz guerra de inverno fan que Hitler teña a súa primeira gran derrota.
Personaxes Kristine Hartgen como Ingrid Tofte Carl Martin Eggsbø como cabo Gunnar Tofte Cristoph Gelfert Mathiesen como Ole Tofte Henrik Mestad como comandante Sigurd Omdal Mathilde Holtedahl Cuhra como Bjorg Stig Henrik Hoff como Aslak Tofte Emil Johnsen como Theodor Broch Kari Bremnes como Petra 'Polly' Gleditsch Cristoph Bach como Cónsul Fritz Wussow Billy Campbell como George Gibbs Holger Handtke como xeneral Eduard Dietl Magnus Dugdale como Giles Romilly Edvard Lie Aalstad como soldado Magne Hansen Torfinn Nag como coronel Konrad Sundlo
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes dirixidos por Erik Skjoldbjærg