Arturo Fernández Álvarez, coñecido como Arturo Fernández, nado nas Nogais en 1982, é un xornalista galego de televisión. A súa traxectoria desenvólvese na CRTVG onde traballa como redactor, guionista, presentador e director de formatos culturais e de entretemento.
Traxectoria Licenciouse en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo, en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na Universidade Aberta de Cataluña.
Comezou de redactor en Antena 3 Televisión de Galicia no 2005 e xa nese ano comezou na TVG. Realizou múltiples traballos como guionista, director e presentador na TVG. En 2006 foi cofundador de ADIANTO. Tecnología y turismo.
En 2005 comezou na TVG como redactor en prácticas de informativos e en 2006 dará o salto a programas destacando a súa experiencia no histórico programa Alalá de música tradicional, dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Pilar G. Rego. Como guionista especializado na música tradicional galega, especializouse en retratos dos gaiteiros tradicionais como José O Ghaiteiro do Piñeiro, César Fernández ou José Marentes e en formacións históricas como Fuxan os Ventos ou A Roda. Despois de 6 anos, Alalá cesa as súas emisións e Arturo pasa a dirixir formatos de entretemento de prime time especializándose en musicais.
Traballos na TVG
Guionista de Alalá, 2006. Director do especial Bravo pola música, 2011. Director de Heicho cantar queridiña, 2013 con Lucía Pérez e Sergio Zerraeta. Presentador de No bico un cantar, 2013-2015. Director de Heicho contar, 2014, con Luís Iglesia. Director de Xa somos artistas, 2014, con David Amor. Guionista e director de Na nosa nube, 2014, con Silvia Jato. Coordinador de contidos e co-presentador de Aquí Portugal, da RTP e TVG. Director documental Galicia, aldea global, 2011-2015. Director do especial 30 anos de series na TVG, 2015. Director de Búscate nas festas. 30 anos de festas na TVG, 2015. Director de 60 anos da París de Noia, 2016. Creador e director de Tesouros no faiado, 2017. Director de Sito o dos Miñancos, 2018. Coordinador e redactor de Vivir aquí, 2017-2018. Presentador e guionista de Inimitables 2018-2022. Presentador Especial Día da Lotaría 2019. Presentador de Badaladas Fin de Ano 2019, con X. R. Gayoso e Benedicta Sánchez Creador e director de A liga dos cantantes extraordinarios e A liga das familias extraordinarias 2019-2021. Presentador de Malicia Noticias 2019-2022. Presentador e codirector de Badaladas Fin de Ano 2021, con Noelia Rey e Teresa Portela. Presentador Especial Cabalgata de Reis 2022. Director e presentador de Treixa-Romería, 2022 Presentador e director artístico de Fogos do Apóstolo Especial 24 de Xullo, 2022 Presentador de Badaladas Fin de Ano 2022, con Noelia Rey e Paco Lodeiro. Co-presentador dos Premios Mestre Mateo 2023.
Notas
Categoría:Nados nas Nogais Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Alumnos da Universidade Aberta de Cataluña