Pipocas é un catálogo web, creado pola Mesa Pola Normalización Lingüística, que recolle todos os filmes e series dobradas, ou lexendadas, en lingua galega.
Características A plataforma foi lanzada en decembro de 2022, respondendo á demanda social recollida pola Mesa, en especial de nais e pais de cativos galegofalantes, imposibilitados de ofrecer contido para nenos na propia lingua. O catálogo inicial, en continua actualización, recollía máis de 100 títulos, e funciona redirixindo o público ás plataformas nas que se emite cada título.
Notas
Véxase tamén
Lista de series de televisión con versión en galego Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Bases de datos Categoría:Normalización lingüística do galego Categoría:Audiovisual Categoría:Filmes con versión en galego Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Sitios web en galego