Michael Moloney, nado en Limerick, Irlanda, o 15 de novembro de 1944 e finado o 27 de xullo de 2022, foi un músico e estudoso estadounidense de orixe irlandesa. Foi o director artístico de varias xiras artísticas importantes e cofundou Green Fields of America.
Traxectoria
Primeiros anos O seu pai, Michael Moloney Sr., era xefe de control de tráfico aéreo do aeroporto de Shannon; a súa nai, Maura, traballaba como directora dunha escola primaria de Limerick. Moloney tocou por primeira vez o banxo tenor durante a súa adolescencia. Estudou no University College Dublin, graduándose en economía. Despois trasladouse a Londres para ser un traballador social que axudaba ás comunidades de inmigrantes, antes de unirse a The Johnstons. Despois de tocar co grupo durante cinco anos, emigrou aos Estados Unidos en 1973. Inicialmente instalouse en Filadelfia e finalmente chegou a ser cidadán estadounidense.
Carreira Tres anos despois de se mudar aos EUA, Moloney cofundou Green Fields of America, un conxunto de músicos, cantantes e bailaríns irlandeses que realizou xiras por Estados Unidos en varias ocasións. Tamén foi director artístico de varias xiras artísticas importantes. Un deles foi o festival de 1985 en Manhattan titulado "Cherish the Ladies" para destacar as mulleres na área da música tradicional irlandesa, que fora dominada polos homes até esa década. Produciu un álbum para o grupo feminino co mesmo nome titulado Irish Women Musicians in America . A líder do grupo, Joanie Madden, foi unha das futuras bolseiras da National Endowment for the Arts (NEA) que contou coa orientación de Moloney. Produciu e interpretou en máis de 70 álbums e serviu como asesor de numerosos festivais e concertos en toda América, co etnomusicólogo e músico Daniel T. Neely que acada a cifra de 125 álbums.
Moloney realizou estudos de posgrao na Universidade de Pensilvania, obtivo un máster antes de ser doutor en Filosofía, centrando a súa tese en folklore and folk life (folclore e vida folclórica) en 1992. Ensinou etnomusicoloxía e estudos irlandeses na Universidade de Penn, Georgetown e Villanova. Tamén foi profesor distinguido de música e estudos irlandeses na Universidade de Nova York até a súa xubilación. En recoñecemento ao seu traballo no folclore público, recibiu en 1999 a National Heritage Fellowship da NEA.
Obra escrita e audiovisuais Ademais da interpretación musical, Moloney escribiu Far From the Shamrock Shore: The Story of Irish American History Through Song, publicado por Crown Publications en febreiro de 2002 cun CD suplementario en Shanachie Records. Foi anfitrión de tres series sindicadas a nivel nacional que cubrían música folk na American Public Television. Traballou como consultor, intérprete e entrevistado no especial de RTÉ Bringing It All Back Home, e tamén foi participante, consultor e arranxador musical de Out of Ireland, un documental de PBS. Moloney actuou no especial da PBS The Irish in America: Long Journey Home. Vida persoal e morte Casou tres veces ao longo da súa vida. O seu primeiro matrimonio foi con Miriam Murphy. O seu segundo matrimonio foi con Philomena Murray. Xuntos, tiveron un fillo. Após o seu divorcio, casou con Judy Sherman, matrimonio que tamén terminou en divorcio. Convivía coa súa parella Sangjan Chailungka no momento da súa morte. Durante os seus últimos anos, dividiu o seu tempo entre Greenwich Village e Bangkok, onde residiu con Chailungka. Alí, foi voluntario como musicoterapeuta e profesor para nenos abandonados con VIH no Mercy Center dos barrios pobres de Khlong Toei, fundado polo sacerdote redentorista Joseph H. Maier.
No seu pasamento, o New Yok Times destacou:
Moloney morreu o 27 de xullo de 2022, na súa casa de Manhattan, despois de tocar no Maine Celtic Festival menos dunha semana antes. Tiña 77 anos; non se anunciou a causa da morte.
Premios
1999 National Heritage Fellowship 2000 Pew Fellowships in the Arts 2013 Presidential Distinguished Service Awards for the Irish Abroad (Premios Presidenciais ao Servizo Distinguido de 2013 para os irlandeses no estranxeiro)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eileen Ivers, violinista estadounidense membro de Cheries the Ladies Paddy Moloney, líder de The Chieftains, sen parentesco directo con Mick Moloney Ligazóns externas MickMoloney.com , sitio web oficial Mick Moloney en Discogs Mick Moloney en MusicBrainz "Exploring Broadway's Early Irish Period", entrevista en Fresh Air de NPR (20 de marzo de 2006) "Moloney: brillante mentor, tremendo amigo" de Daniel Neely (3 de agosto de 2022)
Categoría:Alumnos da Universidade de Pensilvania Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en 1944 Categoría:Músicos de Irlanda por instrumento Categoría:Compositores de Irlanda Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América