José Arias Digón, nado en Noudelo (Donís, Cervantes) o 12 de decembro de 1899 e finado en Cidade de México o 19 de xuño de 1962, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Ricardo Arias Fernández e irmán de Eduardo Arias Digón, foi ferroviario e albanel. Membro da Confederación Nacional do Traballo (CNT), tivo varios cargos sindicais antes e durante a guerra civil. Ao rematar a guerra exiliouse en México arrivando a Veracruz no vapor Mexique o 7 de xullo de 1939. Foi beneficiario da axuda económica do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE). En México deixou de utilizar o alias de José López Alonso e pasou a usar o seu nome. Asentouse en Santa Clara (Chihuahua). Morreu de cancro no Sanatorio español de Cidade de México en 1962.

Vida persoal Casou con Virginia Pérez Rodríguez, coa que tivo dúas fillas, María e Josefina, e coa que chegou ao exilio. Tivo despois outros dous fillos que faleceron moi pequenos, Manuel e Libertad.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Secretaría de Gobernación de México Ficha no PARES

Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Finados por cancro