La primera vez é unha serie colombiana de drama, suspense e romance ambientada nos anos 70. Foi creada por Dago García e producida por Caracol Televisión para Netflix. Estreouse o 15 de febreiro de 2023. Está protagonizada por Francisca Estévez, Emmanuel Restrepo e Verónica Orozco, xunto con Sergio Palau e Santiago Alarcón nos papeis antagónicos.

O 24 de febreiro de 2023, a serie foi renovada para unha segunda tempada. O 30 de xullo de 2024, a serie foi renovada para unha terceira tempada.

Sinopse Ambientada no ano 1976, conta a historia de Eva, a primeira alumna que chega ao Colexio Distrital José María Root, un colexio masculino que se atopa na cidade de Bogotá. Coa chegada de Eva, os seus compañeiros de clase (sobre todo Camilo) comezan a interesarse pola literatura e as ensinanzas que Eva comparte con eles.

Personaxes

Principais Francisca Estévez como Eva Samper Emmanuel Restrepo como Camilo Granados Santiago Alarcón como José Granados Verónica Orozco como Ana de Granados Sergio Palau como Martín Salcedo Mateo García como Rodrigo Arbeláez Brandon Figueredo como Álvaro Castro Julián Cerati como Gustavo Pabón Linares Jacques Toukhmanian como Voz de Camilo Granados (adulto) María Alejandra García como Eva Samper (nena)

Secundarios Cecilia Navia como Profesora Estela Sara Pinzón como Luisa Salcedo Adriana Arango como Dra. Alicia López Cristian Duque como Milton Guzmán John Alex Toro como Henry Pabón Diana Belmonte como Lucrecia Linares de Pabón Santiago Heins como Edgar Acuña Billy Heins como William Acuña Angelo Valotta como Quiñones Ella Becerra como Sara Fernando Lara como Miguel Chacón

Notas

Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión de Colombia Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023