Augustus Saint-Gaudens, nado en Dublín o 1 de marzo de 1848 e finado en Cornish, Nova Hampshire, o 3 de agosto de 1907, foi un escultor, medallista e deseñador de moeda estadounidense de orixe irlandesa, da xeración das Belas Artes que encarnou os ideais do American Renaissance."Saint-Gaudens, Augustus, 1848-1907 ". American Numismatic Society."Augustus Saint-Gaudens". Encyclopaedia Britannica.
De familia franco-irlandesa, Saint-Gaudens criouse en Nova York. Viaxou a Europa para ampliar a súa formación e os seus estudos artísticos. Ao seu regreso a Nova York, acadou un grande éxito de crítica polos seus monumentos conmemorativos dos heroes da guerra civil estadounidense, moitos dos cales seguen en pé. Saint-Gaudens creou obras como o Robert Gould Shaw Memorial, en Boston, ou Abraham Lincoln: The Man, en Chicago, e grandes monumentos ecuestres a xenerais da guerra civil (John Logan Memorial no Grant Park, de Chicago, e William Tecumseh Sherman Memorial na esquina do Central Park de Nova York). Ademais, creou a popular representación historicista do Puritano en Springfield, Massachusetts.Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 35-37.
Saint-Gaudens tamén creou obras clásicas como a Diana, e empregou as súas habilidades de deseño na numismática, creando a moeda de ouro de 20 dólares Saint-Gaudens para a Casa da Moeda dos EEUU, considerada unha das moedas estadounidenses máis fermosas xamais emitidas, así como a moeda de 10 dólares Indian Head; ambas cuñadas desde 1907 ata 1933.
Nos seus últimos anos fundou a Cornish Colony, unha colonia de artistas en Nova Hampshire que incluía notables pintores, escultores, escritores e arquitectos. O seu irmán Louis Saint-Gaudens, con quen colaborou ocasionalmente, tamén foi un coñecido escultor.
Traxectoria
Primeiros anos, formación e vida familiar Saint-Gaudens naceu en Dublín, no daquela no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, fillo de nai dublinesa, Mary McGuiness, e de pai francés, Bernard Paul Ernest Saint-Gaudens, un zapateiro natural dunha pequena poboación dos Pireneos, Aspet, a 15 quilómetros de Saint-Gaudens. Os seus pais emigraron a América en 1848, cando el tiña seis meses de idade, e criouse na cidade de Nova York.Forrer, L. (1912). Páxina 298.
Asistiu á escola ata os 13 anos e en 1861 converteuse en aprendiz dun cortador de camafeos, Louis Avet, e asistiu a clases nocturnas de arte na Cooper Union de Nova York.Wilkinson, B. (1985). Páxinas 13-16."Coopermade: NYC sculpture and monuments". The Cooper Union for the Advancement of Science and Art. Tres anos máis tarde, foi contratado como aprendiz de Jules Le Brethon, outro cortador de camafeos, e matriculouse na Academia Nacional de Deseño.Wilkinson, B. (1985). Páxina 16. Aos seus 19 anos, finalizou a súa aprendizaxe e viaxou a París en 1867, onde estudou no obradoiro de François Jouffroy, na École des Beaux-Arts, ata 1870.Forrer, L. (1912). Páxina 299.McCullough, D. (2011). "Adventures in Paris". En American Heritage. Vol. 61. Nº 2. miniatura|268x268px|Retrato de Augusta, esposa de Saint-Gaudens, co seu fillo Homer, pintado por Sargent (1890)."Portrait of a Boy". The Metropolitan Museum of Art. En 1870 trasladouse de París a Roma, onde permaneceu dous anos, para estudar arte e arquitectura, e traballou nas súas primeiras encargas. Alí coñeceu unha estudante de arte estadounidense xorda, Augusta Fisher Homer, coa que casou en Boston o 1 de xuño de 1877.Supple, C. F.; Walton, C. (2007). The Nichols Family Papers 1860-1960. Manuscript Collection Nº 1. A parella tivo un fillo chamado Homer, nado en 1880, aínda que Saint-Gaudens tería outro fillo coa súa amante, Davida Clark, chamado Louis e nado en 1889."Saint Gaudens National Historic Site". National Park Service.
En 1874, Edwards Pierrepont, un destacado xurista e político de Nova York, contratou a Saint-Gaudens para que lle fixese un busto de mármore. Pierrepont, que era frenólogo, demostrou ser un cliente exixente e insistiu en que Saint-Gaudens lle agrandase a cabeza. A este respecto, Saint-Gaudens dixo que o busto de Pierrepont "parecía estar afectado por unha espantosa doenza de inchazo" e máis tarde comentoulle a un amigo que "daría calquera cosa por apoderarse dese busto e facelo anacos"."Judge Edwards Pierrepont". Smithsonian American Art Museum and the Renwick Gallery.
En 1876 recibiu a encarga de realizar un monumento en bronce ao almirante da Guerra Civil David Farragut,Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 47-49. para o que foi procurar inspiración a París, onde alugou un estudio no número 49 da rúa Notre Dame des Champs. O monumento inaugurouse o 25 de maio de 1881 en Madison Square Park, Nova York, cun pedestal deseñado por Stanford White. Saint-Gaudens volveu colaborar con Stanford White en 1892-1894, cando creou a Diana como catavento para o segundo edificio do Madison Square Garden de Nova York;Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 2. Páxina 99. unha segunda versión deste traballo consérvase na colección do Museo de Arte de Filadelfia, e hai outras versións en tamaño reducido en institucións como o Museo Metropolitano de Arte de Nova York. A estatua erguíase sobre unha torre de máis de 90 metros de altura, o que convertía a Diana no punto máis alto da cidade. Tamén foi a primeira estatua desa zona de Manhattan iluminada á noite con electricidade. A estatua e a súa torre foron un monumento emblemático ata 1925, cando o edificio foi derrubado."Diana". Philadelphia Museum of Art.
En Nova York, foi membro dos Tilers, un grupo de destacados artistas e escritores, entre os que se achaban Winslow Homer (primo cuarto da súa esposa), William Merritt Chase e Arthur Quartley. Tamén foi membro de The Lambs, do Salmagundi Club e de The National Arts Club de Nova York.
Comisionado para as conmemoracións da Guerra Civil miniatura|286x286px|Estatua de Abraham Lincoln (1887) no parque Lincoln, en Chicago."Abraham Lincoln Monument". Chicago Landmarks.Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 2. Páxina 34.Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 53-55. A primeira das grandes encargas en conmemoración da guerra civil estadounidense foi a xa citada de 1876, dedicada ao almirante David Farragut, en Madison Square, Nova York. O seu naturalismo, a súa falta de ampulosidade e a súa localización combináronse para o converter nun grande éxito, co que a reputación de Saint-Gaudens quedou consolidada.
Axiña recibiu novas encargas salientables, entre elas o colosal Abraham Lincoln: The Man ("Abraham Lincoln: o home"), creado entre 1884 e 1887 no parque Lincoln de Chicago, tamén nunha contorna do arquitecto White, considerada a mellor estatua de retrato dos Estados Unidos. Esta estatua exerceu unha grande influencia nos artistas estadounidenses posteriores e recibiu numerosos eloxios da crítica. Unha réplica desta obra colocouse na tumba de Lincoln en Springfield, Illinois, e outra en Parliament Square, en Londres.Tolles, T. (2013). "Abraham Lincoln: The Man (Standing Lincoln): A Bronze Statuette by Augustus Saint-Gaudens". En Metropolitan Museum Journal. 48. Páxinas 223-237.Tolles, T. (2013). "Abraham Lincoln: The Man (Standing Lincoln): A Bronze Statuette by Augustus Saint-Gaudens". En Metropolitan Museum Journal. 48, Páxinas 223-237. miniatura|260x260px|Monumento a Robert Gould Shaw Memorial (1897), en Boston."The Shaw Memorial". National Park Service.Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 2. Páxina 82.Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 57-59. A estes seguiunos unha longa serie de memoriais, monumentos funerarios e bustos, entre eles os monumentos a Adams (1891)Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 2. Páxina 274.Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 31-33., en Washington, a Peter Cooper (1897),Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 9-10.Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 2. Páxina 111. en Cooper Square, e a John A. Logan (1897),"General John A. Logan Monument, 1894-97". En Dryfhout, J. H. (1982). Páxina 167. en Grant Park, Chicago. O máis grande destes monumentos é o baixorrelevo de bronce do monumento a Robert G. Shaw no parque Boston Common, en Boston, no que Saint-Gaudens traballou durante 14 anos (1884-1897); mesmo despois de inaugurar a versión pública, continuou con outras versións. As representacións dos soldados afroamericanos no monumento a Shaw considérase un raro exemplo de representacións fieis á realidade, non despectivas, das características físicas africanas na arte estadounidense do século XIX. Destaca tamén un gran monumento ecuestre a William Tecumseh Sherman, na esquina de Central Park en Nova York, coa modelo afroamericana Hettie Anderson posando como unha alegoría da Vitoria (1892-1903)."The Shaw 54th Regiment Memorial, 1900". National Gallery of Art.Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 61-63.
Para o Centenario de Lincoln de 1909, Saint-Gaudens realizou outra estatua do sobranceiro presidente. Trátase dunha figura sedente, titulada Abraham Lincoln: The Head of State, para o parque Grant de Chicago. Saint-Gaudens completou o traballo de deseño e empezara xa a fundir a estatua no momento da súa morte, e outros membros do seu obradoiro rematárona. A cabeza da estatua utilizouse como modelo para o selo de correos conmemorativo emitido no centenario do nacemento de Lincoln."Lincoln Centenary of Birth Issue" National Postal Museum. Smithsonian.
Outras obras miniatura|241x241px|Monumento a Charles Stewart Parnell, en Dublín."Charles S. Parnell Monument". National Park Service. Saint-Gaudens tamén creou a estatua para o monumento a Charles Stewart Parnell, que se instalou no extremo norte da rúa O'Connell en Dublín en 1911.
En 1887, cando Robert Louis Stevenson realizou a súa segunda viaxe aos Estados Unidos, Saint-Gaudens tivo a oportunidade de facer os esbozos preliminares para un proxecto de cinco anos dun medallón que representaba a Stevenson, en moi mal estado de saúde naquel momento, apoiado na cama escribindo.Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 25-27.Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 1. Páxina 380.Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 2. Páxina 297. Con pequenas modificacións, este medallón reproduciuse para o monumento conmemorativo a Stevenson na catedral de Santo Exidio de Edimburgo. O curmán e biógrafo de Stevenson, Graham Balfour, considerou a obra "o máis satisfactorio de todos os retratos de Stevenson". Balfour tamén sinalou que Saint-Gaudens admiraba enormemente a Stevenson e que nunha ocasión dixera que "con gusto percorrería mil millas por unha sesión" con el.Balfour, G. (1906). The Life of Robert Louis Stevenson. 3ª ed. Metheun, Londres. Páxina 243.
Saint-Gaudens tamén recibiu encargas de diversos grupos para crear medallas que incluían temas conmemorativos variados, como a de presentación de The Women's Auxiliary of the Massachusetts Civil Service Reform Association e a medalla da Exposición Colombiana,Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 2. Páxina 45.Cortissoz, Royal (1907). Páxinas 65-67. e outras dedicadas a personaxes como Charles Beaman, Francis Millet, Violet Sargeant, Homer Saint-Gaudens, etc.Forrer, L. (1906). Páxina 215. Tamén foi o autor da plaqueta e da medalla conmemorativas da Exposición de Chicago de 1894.Forrer, L. (1912). Páxina 300.
Nos xardíns do Sailors' Snug Harbor de Nova York érguese unha estatua do filántropo Robert Randall. Tamén é salientable unha estatua do "rei do cobre" Marcus Daly, situada á entrada da Escola de Minas de Montana. En 1902 dedicouse en Watertown, Nova York, unha estatua ao excongresista e exgobernador de Nova York Roswell Pettibone Flower, creada por Saint-Gaudens.Dryfhout, J. H. (1982). Páxinas 246-247.
Profesor e asesor miniatura|260x260px|Saint-Gaudens traballando no seu estudio, pintado por Kenyon Cox.Saint-Gaudens, H. (1913). Vol. 2. Portada interior.