miniatura| Alice Schwarzer (2022) Alice Sophie Schwarzer, nada en Wuppertal (Renania do Norte-Westfalia, Alemaña) o 3 de decembro de 1942, é unha xornalista e escritora alemá, ademais de fundadora e editora da revista feminista Emma.

Traxectoria

Infancia Alice Schwarzer naceu en Wuppertal, no distrito de Elberfeld, sendo filla ilexítima e foi criada polos seus avós. A oposición da súa familia ao nazismo e a súa solidariedade coas vítimas tiveron unha grande influencia nela.Gerwin trifft Schwarzer (Memento do 19 de agosto 2012 no Internet Archive) gerwin.de, recuperado o 13 de agosto de 2012.

Educación Schwarzer estudou empresariais e traballou no sector comercial durante algúns anos. En 1963 viaxou a París, onde aprendeu francés, e regresou a Alemaña en 1965. Fixo prácticas no xornal Düsseldorfer Nachrichten e, en 1969, comezou a traballar na revista Pardon como reporteira. De 1970 a 1974 traballou en París como correspondente de política independente para radio, televisión e revistas. A súa especialidade era as «consecuencias da Revolución do 68 nos ámbitos político, social e cultural». Entre 1970 e 1974 estudou na Universidade de París VIII, a cal aceptaba estudantes sen certificado de estudos de acceso á universidade.Antonia Kupfer: . VS Verlag für Sozialwissenschaften, Wiesbaden 2011, ISBN 978-3-531-17535-5, p. 68. Alí, formouse en Psicoloxía e Socioloxía,Biografie de LeMO. sen finalizar os estudos, xunto con Michel Foucault entre outros.

Movemento feminista dos anos 70 En 1970, Schwarzer estableceu amizade con Simone de Beauvoir e Jean-Paul Sartre. As súas entrevistas con de Beauvoir, realizadas entre 1971 e 1982, publicáronse en 1983 co título Weggefährtinnen im Gespräch (Compañeiras de charla). No prólogo do libro, Beauvoir escribiu: «Grazas ao compañeirismo feminista e á amizade persoal, ela puido formular preguntas do meu interese e eu puiden responderlle con total franqueza».Simone de Beauvoir. Weggefährtinnen im Gespräch Kiepenheuer & Witsch, 2007, p. 27.

Xunto con Monique Wittig, entre outras, Schwarzer foi unha das promotoras do Mouvement pour la libération des femmes (MLF) de París, un dos primeiros grupos do movemento feminista francés. O 5 de abril de 1971, a revista semanal francesa Le Nouvel Observateur publicou a confesión de 343 mulleres, entre as cales se atopaban moitas celebridades, coma Catherine Deneuve e Simone de Beauvoir, na que declaraban: «Un millón de mulleres ao ano aborta en Francia. Fano en circunstancias perigosas, xa que o aborto é ilegal. […] Recoñezo que son unha delas. Recoñezo que abortei». Deste xeito exixiron a legalización do aborto de forma impactante e iniciaron un debate público. Schwarzer levou este movemento a Alemaña baixo o lema Frauen gegen den § 218 (mulleres contra o artigo 218 do Código penal alemán). O punto culminante foi a reportaxe de portada da revista Stern do 6 de xuño de 1971, no que 374 mulleres confesaron publicamente: Wir haben abgetrieben! (Nós abortamos!). En outono dese mesmo ano, publicouse o primeiro libro de Schwarzer, Frauen gegen den § 218.Kristina Schulz: Der lange Atem der Provokation: die Frauenbewegung in der Bundesrepublik und in Frankreich 1968–1976. Campus Verlag, Frankfurt 2002, ISBN 3-593-37110-3, p. 107f. miniatura|Alice Schwarzer (aprox. 1977) En 1973, no seu libro Frauenarbeit – Frauenbefreiung (Traballo feminino e liberación da muller) Schwarzer, baseándose tanto na análise de 16 entrevistas a mulleres, como na situación xeral destas, chegou á conclusión de que o requisito previo para a igualdade era o traballo fóra do ámbito doméstico. Con todo, este supoñía unha carga adicional, xa que para axudar as mulleres débese comezar por derrubar a asunción social do papel da muller na crianza dos fillos e as tarefas domésticas e avanzar cara á división equitativa destes labores entre os integrantes da parella. Porén, un cambio tan profundo na sociedade supón que cada muller teña que estar disposta a loitar tamén contra os privilexios masculinos na súa propia relación. A loita, para Schwarzer, debe liberarse sempre a nivel colectivo e individual ao mesmo tempo.Kristina Schulz: Der lange Atem der Provokation: die Frauenbewegung in der Bundesrepublik und in Frankreich 1968–1976. Campus Verlag, Frankfurt 2002, ISBN 3-593-37110-3, p. 211.

No seu libro Der kleine Unterschied und seine großen Folgen (A pequena diferenza e as súas grandes consecuencias) presentou a sexualidade como a «base das relacións de poder entre sexos e a opresión das mulleres». A «heterosexualidade forzada» non é algo innato, senón un imperativo cultural. Defende a liberdade sexual  e a independencia económica das mulleres. O libro publicouse en 1975 e fíxoa famosa máis alá de Alemaña Occidental. Traduciuse a doce idiomas, sendo o último o coreano en 2001.Alice im Männerland. Kiepenheuer & Witsch, 2002. 30 Jahre danach - Wie aktuell ist der kleine Unterschied? (Memento do 9 de marzo de 2008 no Internet Archive). Dende entón, é considerada a figura máis coñecida e controvertida do novo movemento feminista alemán.

«O que buscamos non é a integración da muller nin a súa masculinización, senón a humanización dos sexos». – Alice Schwarzer (1975) Fundación da revista Emma En xaneiro de 1977 publicouse o primeiro número da revista Emma, fundada por Schwarzer, e da cal foi dende entón editora e redactora xefe. En 1979, xunto cun grupo de intelectuais franceses, Schwarzer viaxou a Teherán, poucas semanas despois da chegada de Khomeini ao poder, en resposta a unha chamada de auxilio das mulleres iranianas que se resistían á imposición do veo e á privación de dereitos. Schwarzer escribiu un artigo sobre este tema en Emma e no semanario Die Zeit, cuxo credo dicía: «Estas mulleres tiveron o que hai que ter para loitar pola liberdade, pero non terán o suficiente para vivir en liberdade».Alice Schwarzer: Aber noch vertrauen die Perserinnen den neuen Herren. En: Die Zeit. 30 de marzo de 1979. (zeit.de). Dende entón, o perigo que supón o fundamentalismo relixioso supón un dos seus temas principais a tratar.

Demanda contra Stern O 23 de xuño de 1978, Schwarzer e outras nove mulleres, entre elas as actrices Margarethe von Trotta, Erika Pluhar e Inge Meysel, presentaron unha demanda por «difamación» contra Henri Nannen, o redactor xefe da revista Stern. Nela, solicitaron a cesación dos «insultos que a revista Stern lles proferiu, os cales se formulaban mostrando as mulleres coma meros obxectos sexuais nas súas portadas, o que lle suxería ao lector masculino que o home pode dispor da muller o seu antollo e dominala». Aínda que foi desestimada por motivos formais,EMMA Lesesaal. Recuperado o 16 de maio de 2018. tivo gran repercusión nos medios de comunicación por ser a primeira demanda contra o sexismo da República Federal Alemá.Die 1. Sexismus-Klage!

Anos 90 En 1990, Schwarzer creou o Premio Emma de Xornalismo, no que, ata 2012, cada dous anos un xurado diferente e independente, presidido por Schwarzer, premiaba a periodistas que publicaran «artigos innovadores concienciados coa realidade social e a igualdade entre sexos».

Dende 1993, Emma pasou a publicarse cada dous meses. Schwarzer volveu a escribir máis libros, ensaios políticos e biografías. Nese mesmo ano, publicouse o seu estudo de caso sobre a morte de Petra Kelly e o seu compañeiro Gert Bastian, coa teoría de que Bastian disparou a Kelly mentres estaba durmida e logo suicidouse. O libro de Schwarzer, Eine tödliche Liebe. Petra Kelly und Gert Bastian (Un amor mortal. Petra Kelly e Gert Bastian), foi levado á gran pantalla en 2001 coa película Kelly Bastian – Geschichte einer Hoffnung (Kelly Bastian, a historia dunha esperanza), da que foi coguionista.Eintrag bei IMDb Tamén escribiu as biografías de Marion Dönhoff e Romy Schneider, converténdose ambos os libros en best-séllers. En 2020, a obra de Schwarzer chegaba aos 23 libros coma autora e outros 23 coma editora.

Sucesión da dirección de Emma A principios de decembro de 2007, Schwarzer deu a coñecer a súa intención de ceder a dirección de Emma á periodista e columnista Lisa Ortgies, como moi tarde na primavera de 2008.Moderatorin Lisa Ortgies übernimmt. En: Spiegel Online. 7. de decembro de 2007. (spiegel.de).

Die neue Alice Schwarzer heißt Lisa Ortgies. En: FAZ.NET, 7 de decembro de 2007. (faz.net) . Ortgies ía estar en período de formación durante seis meses, pero, en maio de 2008, renunciou tras oito semanas como redactora xefe.Schwarzer ekelt „Emma“-Chefin raus. (Memento do 19 de decembro de 2009 no Internet Archive) En: Taz.de, 31 de maio de 2008. Recuperado o 13 de agosto de 2012.

Alice-Schwarzer-Comeback „Emma“-Chefin geht – „Emma“ tritt nach, 30 de maio de 2008, en SPON. Der Spiegel destacou a hipótese de que Schwarzer seguía dominando a actividade diaria da empresa, o que fixo fracasar o relevo xeracional.Markus Brauck, Rafaela von Bredow, Isabell Hülsen, Michaela Schiessl: Im Nacken der Neuen. En: Der Spiegel. Num. 23, 2008, p. 102 (online – 2 de xuño de 2008).

Véxase, p. ej. Nach dem Aus bei „Emma“ – Lisa Ortgies beklagt sich. 30 de maio de 2008, en (rp-online.de) (Memento do 3 de marzo de 2009 no Internet Archive)  Emma publicou sobre isto, entre outras cousas: «O persoal de Emma solicita unha reunión con Alice Schwarzer. Suxiren que Lisa Ortgies […] tras estas primeiras probas, por desgraza e, de forma bastante sorprendente, non parece ser a persoa idónea para o posto».Chronologie der Ereignisse miniatura|Alice Schwarzer, 2009

Dende 2009 No semestre de verán de 2009, Schwarzer aceptou o posto de profesora visitante tanto na Universidade de Artes Aplicadas de Viena, así como no Departamento de Periodismo e Ciencias da comunicación baixo a Cátedra Theodor-Herzl. Alí, deu conferencias en abril e maio sobre temas como pornografía e violencia sexual, fundamentalismo relixioso e mulleres e homes.Kunstprofessur: A. Schwarzer. En: OÖN, 31 de xaneiro de 2009. No semestre de inverno 2010/2011,  aceptou a Cátedra Mercator da Universidade de Duisburgo-Essen (Alemaña).

En novembro de 2010, Schwarzer atacou nunha carta aberta a Kristina Schröder, ministra de Familia (Terceira Idade, Mulleres e Xuventude) de Alemaña.Ich halte sie für einen hoffnungslosen Fall En: Stern. 9 de novembro de 2010.

Keine Altersfrage En: Emma. 8 de novembro de 2010.

Harald Martenstein: Schwarzer vs. Schröder: Richtiger Sex und falscher Sex. En: Tagesspiegel. 9 de novembro de 2010, recuperado o 4 de decembro de 2010. miniatura|Alice Schwarzer (outubro de 2010) De 2010 a 2011, Schwarzer informou sobre o xuízo Kachelmann no tabloide Bild da editorial Axel Springer.Bild setzt Alice Schwarzer auf Kachelmann an. En: Telepolis. 5 de septembro de 2010. O seu papel no xuízo foi criticado en varias ocasións e acabou sendo acusada de falta de profesionalidade, imparcialidade e de prexulgar o acusado. Schwarzer insistiu de xeito repetitivo que para ela non era cuestión de culpabilidade, senón da información unilateral dos medios de comunicación a favor de Kachelmann.Mediale Vorverurteilung auf dem Vormarsch En: Deutschlandfunk. 29 de maio de 2010.

En decembro de 2011, ditouse unha orde xudicial contra Alice Schwarzer, xa que seguiu acusando a Kachelmann despois da súa absolución en maio de 2011 por «falta de probas».Einstweilige Verfügung für Schwarzer. diestandard.at, 27 de decembro de 2011, recuperado o 27 de decembro de 2011. Pressemitteilung (Memento do 7 de xaneiro de 2012 no Internet Archive) En: hoecker.eu, 23 de decembro de 2011.

Vida privada