miniatura|330x330px|Deseño proposto polo artista DonkeyHotey para o concepto de moeda dun billón de dólares estadounidenses. A moeda dun billón de dólares estadounidenses (en inglés: trillion-dollar coin) é un concepto que xurdiu durante a crise do teito da débeda estadounidense de 2011 como un xeito de evitar que o Congreso dos Estados Unidos tivese que elevar o límite de endebedamento do país, mediante a cuñaxe de moedas de platino de moi alto valor. A finais de 2012, durante os debates sobre as negociacións do precipicio fiscal nos Estados Unidos e o reinicio das discusións sobre o teito da débeda, o concepto foi obxecto dunha maior atención por parte da opinión pública. Tras chegar aos titulares durante a semana do 7 de xaneiro de 2013, o uso do concepto de moeda dun billón de dólares foi finalmente rexeitado pola Reserva Federal e o Tesouro.Morath, E.; Wessel, D. (2013). "Treasury Won't Mint Platinum Coin to Avoid Debt Ceiling". En The Wall Street Journal. 12 de xaneiro.
O concepto da moeda dun billón de dólares reintroduciuse en marzo de 2020 en forma de proposta parlamentaria da congresista Rashida Tlaib,"H. R. 1030. 117th Congress. 1st Session". Govinfo.gov durante o pechamento provocado pola pandemia de COVID-19 nos Estados Unidos. Tlaib pretendía financiar pagamentos mensuais de estímulo recorrentes de 2.000 dólares ata a fin da pandemia."H.R.6553 - Automatic Boost to Communities Act". 17 de abril de 2020. Congress.gov
A idea cobrou máis forza a finais de 2021 coas propostas do xornalista de Bloomberg Joe Weisenthal, entre outros, en medio da crise do teito de débeda dos Estados Unidos dese ano.Kaminska, I. (2021). "#Mintthecoin to avoid societal collapse?". En Financial Times. 30 de setembro.
Os comentarios sobre a idea da moeda dun billón de dólares rexurdiron a principios de 2023 logo das revelacións de que o presidente da Cámara de Representantes, Kevin McCarthy, acordara con algúns membros republicanos da Cámara utilizar o teito da débeda como panca para reducir o orzamento federal.McGahey, R. (2023). "The Trillion-Dollar Coin And Other Long-Shot Debt Crisis Solutions". En Forbes. 11 de xaneiro.
Fundamento legal A emisión de papel moeda está suxeita a diversas restricións contables e cuantitativas que non se aplican ás moedas de platino. Segundo a Casa da Moeda dos Estados Unidos, as moedas contabilízanse do seguinte xeito:"United States Mint. FY 2013. President's Budget Submission". United States Department of the Treasury.
miniatura|200x200px|Anverso común das moedas da serie American Platinum Eagle, emitidas pola US Mint con valores de ata 100 dólares, baixo a autoridade outorgada pola sección 31 U.S.C. § 5112 do Código dos EEUU. O concepto de cuñar unha moeda dun billón de dólares —que xeraría un billón de dólares en señoriaxe, fóra do orzamento, ou en beneficios numismáticos, dentro do orzamento e que se transferirían ao Tesouro— baséase na autoridade que outorga a sección 31 U.S.C. § 5112 do Código dos Estados Unidos ao Departamento do Tesouro para "cuñar e emitir moedas de platino" en calquera valor facial que o secretario do Tesouro elixa. Así, se o Tesouro cuñase moedas dun billón de dólares, podería depositar esas moedas na conta do Tesouro da Reserva Federal en lugar de emitir nova débeda.Klein, E. (2013). "Former Head of U.S. Mint: The Platinum Coin Option Would Work". En The Washington Post. 8 de xaneiro.Weisenthal, J. (2013). "3 Huge Myths About The Trillion Dollar Coin Plan To Save The Economy". En Business Insider. 4 de xaneiro.Barro, J. (2013). "Why We Must Go Off the Platinum Coin Cliff". En Bloomberg. 3 de xaneiro.Matthews, D. (2013). "Michael Castle: Unsuspecting godfather of the $1 trillion coin solution". En The Washington Post. 4 de xaneiro.
Consonte a devandita sección 31 U.S.C. 5112(k), promulgada orixinalmente pola Lei Pública 104-208 de 1996:"31 U.S. Code § 5112: Denominations, specifications, and design of coins". Cornell Law School.
As moedas non circulantes de platino pódense cuñar con calquera valor facial, en tanto que as de calquera outro metal especificado se limitan a cantidades de 50, 25, 10, 5 e 1 dólar."31 U.S. Code § 5112 - Denominations, specifications, and design of coins". Cornell Law School (https://www.law.cornell.edu/). O concepto de cuñar unha moeda de moi alto valor facial baséase na cláusula do platino como vía para que o poder executivo recade ingresos sen a supervisión do Congreso.
Philip N. Diehl, exdirector da Casa da Moeda dos Estados Unidos e coautor, xunto co congresista republicano Michael Castle, da lei da moeda de platino, afirmou que o procedemento estaría permitido pola lei. Castle afirma que nunca tivo intención de facer tal uso. A disposición sobre as moedas de platino foi aprobada finalmente por un Congreso republicano fronte ás obxeccións dun Tesouro demócrata en 1996.Pillifant, R. (2013). "A trillion-dollar-coin idea takes off, and a former head of the U.S. Mint doesn't see why it shouldn't". En Capital. 4 de xaneiro.McAllister, B. (1996). "The Mint Goes Platinum". En The Washington Post. 29 de novembro.
Laurence Tribe, profesor de Dereito Constitucional da Universidade Harvard, afirmou que a base xurídica da moeda dun billón de dólares é sólida e que a moeda non podería ser impugnada ante os tribunais, xa que ninguén estaría lexitimado para o facer.Cooper, R. (2013). "Harvard Law School Professor Laurence Tribe on the Legality of #mintthecoin". En Washington Monthly. 8 de xaneiro.
Xurdimento do concepto A idea de que o Departamento do Tesouro cuñase unha moeda e a enviase á Reserva Federal para pagar a débeda foi popularizada por primeira vez polo candidato presidencial do Partido Populista Bo Gritz en 1992, quen amosaba en alto habitualmente nos seus discursos unha moeda de máis de 10 centímetros.Sewell, T. (2013). "Where does the mint a coin to pay off the debt idea originate from?". En Catallaxy Media. 12 de xaneiro.Taranto, J. (2013). "Send In the Clowns". En Wall Street Journal. 10 de xaneiro. Mais o concepto concreto introduciuno por primeira vez Carlos Mucha, un avogado que participaba como comentarista baixo o alcume de Beowulf en varios blogs. Beowulf esbozou a idea nunha serie de comentarios no blog de Warren Mosler en maio de 2010, sinalando que "o Congreso xa delegou no Tesouro toda a autoridade de señoriaxe que necesita para cuñar unha moeda dun billón de dólares".Mosler, W. (2010). "Marshall’s latest". En Moslereconomics.com. 14 de maio. Beowulf tamén chamou a atención sobre o concepto no blog do economista Brade Delong, en xullo de 2010,"We Are Live at the Week: "A (Keynesian) Voice Crying in the Wilderness, Saying...". Delong.typepad.com. 6 de xullo de 2010. e nun blog propio de análise xurídica en xaneiro de 2011,Beowulf (2011). "Coin Seigniorage and the Irrelevance of the Debt Limit". 3 de xaneiro. My FDL Reader diaries. pero non foi ata xullo dese ano cando o uso do concepto como método pouco ortodoxo para resolver a crise do teito de débeda comezou a chamar a atención da prensa económica e dos blogs dos principais medios de comunicación.Plumer, B. (2011). "Can a giant platinum coin save our credit?". En The Washington Post. 30 de xullo."The trillion-dollar coin solution". En The Economist. 29 de xullo de 2011.Roche, C. (2011). "Tel's end this debt ceiling debate with a $1 Oz. $1T coin". En Pragmatic Capitalism. 7 de xullo. Nese momento, a idea achou certo apoio por parte de xuristas académicos como Jack Balkin, da Universidade Yale.Balkin, J. M. (2011). "3 ways Obama could bypass Congress ". En CNN. 28 de xullo. Logo de se resolver a crise do teito de débeda do verán de 2011, a atención sobre o concepto esvaeceu.Weisenthal, J. (2013). "Suddenly, Lots Of Influential People Are Talking About The Trillion Dollar Coin Idea To Save The Economy". En Business Insider. 3 de xaneiro.
A finais de 2012, á medida que se achegaba de novo o límite de endebedamento, o concepto foi obxecto dunha atención renovada e máis xeneralizada.Weisenthal, J. (2012). "The Debt Ceiling Is Coming Back, And People Are Talking About The Infamous 'Trillion Dollar Platinum Coin' Solution". En Business Insider. 5 de decembro."The Trillion-Dollar Coin Is Back". En CNBC. 6 de decembro de 2012.Krieg, G. J. (2013). "Trillion Dollar Coins: The Ultimate Debt Ceiling End-Around?". En ABC News. 4 de xaneiro. A principios de xaneiro o economista Paul Krugman amosou o seu apoio á idea,Krugman, P. (2013). "Be Ready To Mint That Coin". En The New York Times. 7 de xaneiro.Krugman, K. (2013). "Barbarous Relics". En The New York Times. 9 de xaneiro.Krugman, P. (2013). "Thinking About the Brink". En The New York Times. 10 de xaneiro.Pozzi, S. (2013). "La moneda del billón de dólares. Paul Krgman se suma [...]". En El País. 9 de xaneiro. e afirmou que a oposición a esta procedía de persoas que non estaban dispostas a admitir a verdade de que "o diñeiro é un artificio social". O seu apoio atraeu unha considerable atención dos medios.Felsenthal, M. (2013). "Platinum coin idea has little currency at White House". Reuters. 9 de xaneiro."Paul Krugman: Trillion-Dollar Coin A 'Silly But Benign' Debt-Ceiling Fix". En The Huffington Post. 7 de xaneiro de 2013.Klein, E. (2013). "Mr. President, don't mint that platinum coin! Debt-Ceiling Fix". En The Washington Post. 7 de xaneiro. O exdirector da US Mint Diehl foi amplamente citado nos medios de comunicación desacreditando as críticas á moeda e o seu fundamento xurídico.Deaux, J. (2013). "The 13 People Who Can Order a $1 Trillion Coin". En The Street. 9 de xaneiro.Weisenthal, J. (2013). "The Former US Mint Director Behind The Controversial Law Explains Why A Platinum Coin Could Avoid A Major Crisis". En Business Insider. 8 de xaneiro.Weigel, D. (2013). "A Former U.S. Mint Chief Rebuts the #MintTheCoin Skeptics". En Slate. 10 de xaneiro. O congresista Jerry Nadler tamén se amosou favorable á idea,Pillifant, R. (2013). (2013). "Looking to the next debt-ceiling fight, Nadler proposes a trillion-dollar coin trick". En Politico. 2 de xaneiro. e así se reflectiu na prensa internacional o 4 de xaneiro de 2013."Der Trick mit der Eine-Billion-Dollar-Münze". En Süddeutsche Zeitung. 4 de xaneiro de 2013.
Beowulf contaría máis tarde na revista Wired que a idea da moeda xurdira dun artigo do Wall Street Journal de decembro de 2009 no que se falaba de como varias persoas podían acadar tarxetas de fidelidade para viaxaren sen custo encargando moedas á Casa da Moeda dos EEUU cunha tarxeta de crédito que ofrecese tal promoción, e logo depositando as moedas nun banco para saldar a débeda da tarxeta de crédito.McCartney, S. (2009). "Miles for Nothing: How the Government Helped Frequent Fliers Make a Mint". En The Wall Street Journal. 7 de decembro. Tamén dixo que se inspirou no libro de 2008 Web of Debt, de Ellen Brown,Brown, E. H. (2010). Web of Debt: The Shocking Truth about Our Money System and How We Can Break Free. Third Millennium Press. ISBN 978-0979560880 que citaba un antigo funcionario do Tesouro que afirmaba que o Goberno podería ordenar a cuñaxe de grandes moedas para pagar a débeda nacional. Beowulf dixo que a idea da moeda dun billón de dólares se atribúe con máis razón a un pequeno grupo de discusión que a un individuo, e engadiu que este grupo non tiña máis motivación que a da diversión persoal.Tate, R. (2013). "Meet the Genius Behind the Trillion-Dollar Coin and the Plot to Breach the Debt Ceiling". En Wired. 18 de xaneiro de 2013. 10 de xaneiro.
Análise e reacción