Ana García Deibe é unha química galega Traxectoria É Catedrática no Departamento de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela.

A súa investigación céntrase na difracción de raios X de monocristal, con liñas relacionadas coa Química de Coordinación e a Supramolecular, orientadas cara ao magnetismo molecular e a luminiscencia de derivados de lantanoides, e na busca de sensores luminiscentes para nanomateriais.

No eido da divulgación participou en varios programas STEM, un deles de carácter europeo (Chemistry in Everyday Life). Participa no programa "Unha enxeñeira ou científica en cada cole".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha na USC

Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes