Condenado a vivir é un telefilme realizado para a TVG en 1999. Supuxo o primeiro proxecto para levar á ficción a historia de Ramón Sampedro, malia que o máis coñecido sexa a posterior e oscarizada película de Alejandro Amenábar, Mar Adentro.
Realizouse cun equipo integramente galego, e o actor encargado de dar vida ó tetrapléxico coruñés foi o actor Ernesto Chao.
Premios Cabe salientar que esta produción foi candidata ós premios da ATV no 2002. Ernesto Chao acadou o Premio Chano Piñeiro ó mellor actor pola súa interpretación de Ramón Sampedro.
Véxase tamén Ligazóns externas ficha na páxina do Consello da Cultura Galega
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego