Aura Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Aura Murguía, nada en Santiago de Compostela (na rúa Callobre, 40) o 7 de decembro de 1868 e finada en Carmona en marzo de 1942, foi a segunda filla de Rosalía de Castro e Manuel Murguía.

Traxectoria Sábese pouco da súa vida. Casou co comerciante Francisco Prats Pérez, natural de Yecla (Murcia), o 30 de agosto de 1897. Viviron en Carmona, Sevilla, até a súa morte en 1942. Francisco ficou viúvo até o seu pasamento en 1949. Os restos de Aura e o seu home foron traídos para ser inhumados no panteón familiar no cemiterio de Santo Amaro da Coruña o 7 de novembro de 1959.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1942