O Jyvässeudun Kiekko, ou simplemente JyKi, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Jyväskylä, Finlandia. O equipo foi fundado en 2008 e xoga os seus partidos como local no Tikkakosken jäähalli, un estadio con capacidade para 500 persoas.
Na tempada 2022-23 o seu equipo feminino compite na terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Suomi-sarja, mentres que o masculino compite na III-divisioona, a quinta categoría do hóckey sobre xeo masculino no país nórdico.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do JyKi
Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia