Os asílidos (Asilidae) son unha familia de insectos dípteros. Teñen un corpo robusto, con aspecto de moscas peludas cunha curta probóscide que encerra unha hipofarinxe cortante e chuchadora.Robber flies (Asilidae) Information on Robber Flies. Morphology. Adults Teñen hábitos predadores, alimentándose principalmente ou ás veces exclusivamente doutros insectos e, como regra xeral, cazan esperando e emboscando e capturan as presas en voo.

Introdución

miniatura|Zosteria sp. miniatura|Un Asilidae alimentándose dun saltón. Este asílido mostra o místax e o floco ocular típico dos Asilidae, cunha curta e robusta probóscide e patas potentes e espiñosas adaptadas para a captura de presas en voo. Os Asilidae son cosmopolitas e comprenden unhas 7.000 especies descritas. Latreille estableceu esta familia en 1802. Os Asilidae, xunto cos Bombyliidae e Therevidae, son as familias máis representativas da superfamilia Asiloidea e forman un dos grupos máis característicos dos Brachycera inferiores.

Teñen un corpo robusto, patas espiñosas e tres ollos simples (ocelos) nunha depresión característica da parte superior da cabeza entre os dous grandes ollos compostos.Robber fly eyes: http://www.bt-images.net/beautiful-eyes/robber-fly/ Tamén adoitan ter un denso bigote de pelos ríxidos na face, que recibe o nome de místax (mystax), un termo derivado do grego mystakos, que significa 'bigote' ou 'labio superior'. Sinalouse que o mystax proporciona algo de protección á cabeza e cara cando a mosca ten que loitar contra unha presa; varios Asilidae depredan especies formidables en termos relativos, como os himenópteros con ferrete, potentes saltóns, libélulas e mesmo outros Asilidae, e de feito practicamente calquera animal de tamaño axeitado. Porén, algúns Asilidae especializáronse en presas máis pequenas e isto reflíctese na súa maior gracilidade corporal.

En xeral, atacan unha ampla gama de presas, como outras moscas, escaravellos, bolboretas e avelaíñas, varias abellas, formigas, libélulas e cabalos do demo, avespas icneumónidas, saltóns e algunhas arañas. Fano aparentemente sen importarlles as substancias químicas repugnatorias que as presas poidan ter. Moitos asílidos cando son eles as vítimas atacadas non dubidan en defenderse coa súa probóscide e poden producir trabadas moi dolorosas ás persoas que os manexan sen coidado.

As antenas son curtas, teñen tres segmentos, e ás veces levan unha estrutura peluda chamada aresta (arista).

Aínda que malia ser unha familia tan grande son un grupo moi característico, poden doadamente confundirse coa familia relacionada e menos coñecida dos Therevidae. Algunhas diferenzas entre estas dúas familias son que o labio (labium) dos Therevidae non é un órgano predador perforador, senón que remata en dous labelos carnosos adaptados a chuchar alimentos líquidos. Os Therevidae teñen normalmente sedas suaves sobre as pezas bucais, que se diferencian das quetas ríxidas do místax dos Asilidae. Ademais, nos Asilidae a depresión no vértice da cabeza entre os ollos adoita ser máis obvia que nos Therevidae.

miniatura|esquerda|Macho de Laphria flava alimentándose dun Rhynocoris annulatus Estas moscas atacan as súas presas cravándolles a súa curta e forte probóscide, inxectando na vítima saliva que contén encimas proteolíticos e neurotóxicos que paralizan rapidamente a vítima e dixiren en pouco tempo o seu interior; despois zugan o material licuado coa probóscide.

Moitos Asilidae teñen abdomes longos e que se van adelgazando cara ao extremo, ás veces cun ovipositor con forma de espada. Outros, por exemplo Laphria, imitan o corpo gordo dun abesouro.

As femias poñen ovos abrancazados sobre plantas baixas e herbas ou en gretas do solo, codias ou madeira. Os hábitos na posta de ovos dependen da especie e do seu hábitat específico; a maioría das especies poñen os ovos en masas, que cobren despois cunha cuberta protectora calcaria.

Despois da eclosión as larvas xeralmente viven no solo, madeira podre, mofos das follas e materiais similares, e algunhas son predadoras e outras detritívoras. As larvas predadoras poden comer ovos, larvas ou outros insectos de corpo mol. Os asílidos pasan o inverno como larvas e pupas no solo. As pupas migran á superficie do solo e emerxen como adultos, a miúdo deixando alí o casulo pupal. O desenvolvemento completo tarda dun a tres anos, dependendo da especie e das condicións ambientais.

Morfoloxía

Adulto

Os adultos son xeralmente de tamaño medio ou grande, cunha anchura corporal media de 1 a 1,5 cm, pero cun rango de lonxitudes de 3 cm a máis de 5 cm. A forma é xeralmente alongada, debido á conformación do longo abdome que se vai estreitando cara ao extremo, porén hai tamén especies compactas con abdomes máis anchos. O tegumento está cuberto cun espeso pelo, especialmente na cabeza e tórax e as libreas adoitan ser rechamantes, con cores que van do marrón ao negro ou gris, ás veces en contraste con outras cores como o vermello e amarelo. Con frecuencia son aposemáticos, imitando a librea dos himenópteros.

miniatura|230px|esquerda|Choerades fimbriata: un poderoso predador cun corpo adaptado a un voo rápido. Nótese o místax, a probóscide e a depresión entre os ollos. miniatura|200px|Vista de fronte mostrando a característica depresión formada pola elevación dos ollos compostos A cabeza é libre e móbil e dicóptica en ambos os sexos e ten tres ocelos situados nunha depresión característica formada pola elevación dos ollos compostos. Esta característica é claramente visible en vista frontal e é unha peculiaridade morfolóxica dos asílidos. A rexión occipital ten unha ou máis ringleiras de pelos aliñados detrás da marxe posterior do ollo. A rexión facial ten un perfil convexo cun característico feixe denso de pelos duros, chamado místax. O místax axuda a protexer a cabeza e a cara cando a mosca se encontra cunha presa que se defende. Outros pelos están dispostos no tubérculo ocelar.

As antenas son do tipo arestado, compostas normalmente de cinco segmentos pero ás veces de tres a catro, dependendo da estrutura do estilo (stylum). O escapo e o pedicelo son xeralmente relativamente curtos e peludos; o terceiro segmento (ou primeiro flaxelómero) ten unha forma oval ou oblicua e é normalmente máis longo que os dous segmentos basais e leva un estilo xeralmente composto por dous segmentos, dos cales o basal é moi curto. Nalgúns asílidos, o estilo pode ser monoarticulado ou estar ausente. miniatura|230px|esquerda|Sección das pezas bucais dos asílidos. a: labro; b: hipofarinxe; c: palpo maxilar; d: maxilas; e: canle alimentaria; f: labio As pezas bucais son curtas e modificadas para perforar e chuchar. Constan dunha probóscide fortemente esclerotizada que comprende o labio e as maxilas que forman a canle alimentaria, o labro e un órgano perforador, a hipofarinxe. A probóscide é arredondada en sección transversal ou comprimida lateralmente ou dorsoventralmente e xeralmente robusta e recta e por veces con capacidade de penetrar a través do duro tegumento dos coleópteros. Os palpos maxilares están na base do labio, son de dous segmentos en todos os Dasypogoninae ou dun só segmento en Asilinae e Leptogastrinae.

O tórax é robusto e compacto. A diferenza doutros Brachycera inferiores, leva fortes pelos (macroquetas) útiles como caracteres taxonómicos. Pelos fortes deste tipo están sempre presentes no notopleuro (quetas notopleurais) e, en dúas series, no mesonoto (dorsocentral, supraalar e postalar). Outras quetas presentes no metanoto (quetas dorsocentrais no episterno ventral e no ápice do mesoescutelo). miniatura|330px|Plan basal da venación alar. Veas lonxitudinais: C: costa; Sc: subcosta; R: radio; M: media; Cu: cúbito; A: anal.

Veas transversais: h: humeral; r-m: radio-medial; m-m: medial; m-cu: medio-cubital

Células: d: discal; br: 1ª basal; bm: 2ª basal; r1: marxinal; r3: 1ª submarxinal; r5: 1ª posterior; m3: 4ª posterior; cup: célula copa As patas son relativamente longas e fortes, con moitas macroquetas que teñen unha función raptoria. As ás están ben desenvolvidas, a miúdo son relativamente estreitas para un voo rápido; a álula está xeralmente ben desenvolvida, coa excepción dos Leptogastrinae e parte dos Dasypogoninae. A venación é como a dos Rhagionidae, Tabanidae e Therevidae; a radial R ten sempre catro ramas, coa R2+3 non ramificada. Os detalles da venación das ás determinan as subfamilias e os taxons inferiores. As ás adoitan ser hialinas, pero ás veces afumadas ou parcial ou totalmente escurecidas en moitos xéneros.

O abdome consta de seis a oito segmentos visibles precedendo aos xenitais en machos, pero o oitavo segmento está ás veces total ou parcialmente oculto e o terminal forma o ovipositor. É longo e cónico estreito na maioría das especies, pero ancho, aplanado dorsoventralmente e curto nos que imitan a abellas. Nos Leptogastrinae o abdome é extremadamente longo e delgado. Nalgunhas tribos o macho sofre unha torsión axial de 180°. miniatura|230px|Posta de ovos

Ovo O ovo é hialino ou pigmentado e de forma variable desde esférica a oval e de ata 2 mm de lonxitude. A súa superficie é lisa ou leva microesculturas, que son xeralmente poligonais e visibles só con microscopio electrónico.

Larva A larva é ápoda, cilíndrica e alongada, máis ou menos aplanada dorsoventralmente e vaise estreitando cara aos extremos cefálico e caudal. A cor é branca ou amarelada. A cabeza é pequena, robusta, con pigmentación escura e hipognata, o abdome está composto de oito uritos aparentes, cos dous últimos a miúdo fusionados e máis ou menos reducidos. O sistema respiratorio é anfinéustico, con dous pares de espiráculos, un torácico e outro abdominal. Ademais, teñen estigmas rudimentarios e non funcionais nos outros segmentos abdominais.

Pupa A pupa é espida, como na maioría dos Orthorrhapha, exarata e, por tanto, móbil.

Bioloxía

Os asílidos son predadores tanto nas etapas xuvenís coma adultas e aliméntanse de pequenos artrópodos, principalmente insectos. Aínda que as formas predadoras no estadio adulto están presentes noutros grupos taxonómicos de Diptera, os Asilidae son os máis representativos polo número de especies e pola uniformidade entre eles do comportamento predador. A combinación de alta biodiversidade e actividades moi predadoras fai que a súa familia desempeñe un importante papel na estabilidade ecolóxica da entomofauna. miniatura|Blepharepium sonorensis é un asílido que lembra moito a especies de avespas Polistes como P. apachus