miniatura|Oedemera nobilis, femia
Oedemera nobilis é unha especie de escaravellos da familia Oedemeridae, unha especie común en Europa occidental, incluíndo o sur de Inglaterra.Vázquez, X. A. 1993. Coleoptera: Oedemeridae, Pyrochroidae, Pythidae, Mycteridae. Fauna Ibérica, vol. 5. Ramos, M. A. et al. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, CSIC, Madrid, 181 pp. Vázquez, X. A. 2002. Fauna of European Oedemeridae. Argania editio, Barcelona, 178 pp.
Morfoloxía
O macho de Oedemera nobilis, como na maioría das especies de Oedemera, posúe uns fémures posteriores moi inchados, mentres que nas femias son delgados; os élitros están moi estreitados cara aos ápices e non ocultan o segundo par de ás membranosas. É de cor verde viva, frecuentemente cun ton dourado ou cobre; algúns individuos son azuis ou violetas. Só se pode confundir con Oedemera flavipes, do cal difire na súa cor, así como pola longa pubescencia branca da cabeza, pronoto e tibias posteriores dos machos.
Bioloxía e ecoloxía
Abunda en primavera sobre varias especies de flores; os machos son moi rechamantes polos seus fémures inchados e cor verde brillante. Aliméntase de pole e néctar de plantas Asteraceae, Cyperaceae, Convolvulaceae, Cruciferae, Dipsacaceae, Scrophulariaceae, Poaceae, Papaveraceae, Plantaginaceae, Rosaceae, Rubiaceae e Apiaceae. As larvas desenvólvense en talos secos de Spartium e Cirsium.
Distribución
Europa occidental e do sur, desde a Península Ibérica a Grecia; é moi común nos países mediterráneos e penetra en Europa central ata a metade de Alemaña e as Illas Británicas; chega a Dinamarca, onde é raro e esporádico. Tamén se rexistrou no Maghreb. Está ausente nos países alpinos e no leste de Europa.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Fauna Ibérica European fauna of Oedemeridae
Categoría:Cucujiformia Categoría:Animais descritos en 1763