O lago de Ohrid (en Ohridsko Ezero; en , tamén coñecido como Liqeni i Pogradecit) é un lago que se atopa na rexión montañosa da fronteira entre Macedonia do Norte e o leste de Albania. É un dos lagos máis profundos e antigos de Europa, cun ecosistema único de relevancia mundial con máis de 200 especies endémicas.

A parte do lago de Ohrid que se atopa en Macedonia do Norte foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979, e un ano despois foi ampliada para incluír tamén a zona cultural e histórica da cidade de Ohrid. En 2010, a NASA nomeou un dos lagos de Titán na súa honra. En 2014, a reserva transfronteiriza de Ohrid-Prespa entre Albania e Macedonia do Norte foi engadida á rede de Reservas da Biosfera da UNESCO. A parte albanesa do lago foi designada Patrimonio da Humanidade en 2019. A parte de Macedonia do Norte foi nomeada como sitio Ramsar en 2021, superando os nove criterios para a proclamación.Ministry of Environment and Physical Planning (2021) "Ramsar Information Sheet: Lake Ohrid".  Ramsar Secretariat, Gland, Switzerland.

En Albania, a parte costeira do lago ten o status de reserva da natureza. En Macedonia do Norte, o lago forma parte do Parque Nacional de Galičica.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ohrid