Brassicogethes aeneus é unha especie de escaravellos da familia Nitidulidae. Anteriormente era coñecido co nome de Meligethes aeneus.de Jong, Y.S.D.M. (ed.) (2013) Fauna Europaea version 2.6. Web Service available online at https://fauna-eu.org

Encóntrase en Europa e norte de Asia (excluíndo China) e América do Norte. miniatura miniatura

Unha subespecie de Brassicogethes aeneus é B. aeneus dauricus.

Os adultos son de 2–3 mm de longo, 1–2 mm de ancho e cor negra con tons verdes metálicos. As larvas miden ata 3 mm de longo e son brancas con placas marróns esclerotizadas.

Brassicogethes aeneus é unha importante praga da colza.Free, J. B. and Williams, I. H. (1979) The distribution of insect pests on crops of oilseed rape (Brassica napus L.) and the damage they cause. Journal of Agricultural Science, UK 92: 139-149 Non se sabe se contribúen á polinización da colleita.

As femias poñen os ovos nos casulos das flores da planta hóspede e as larvas desenvólvense dentro das flores. A oviposición e os danos que sofre o casulo da flor da colza (e igual con Brassica) pola alimentación do animal poden causar que as flores caian. Tanto adultos coma as larvas aliméntanse do pole e néctar das flores.Williams, I. H. (1976), The infestation of oilseed rape (Brassica napus L.) by the pests Meligethes aeneus Fab. and Ceuthorhynchus assimilis Payk. PhD thesis; University of London, UK.

Notas

Audisio, P., A. R. Cline, A. De Biase, G. Antonini, E. Mancini, M. Trizzino, L. Costantini, et al. (2009). "Preliminary re-examination of genus-level taxonomy of the pollen beetle subfamily Meligethinae (Coleoptera: Nitidulidae)". Acta Entomologica Musei Nationalis Pragae, vol. 49, no. 2, 341–504.

Bibliografía

Arnett, R. H. Jr., M. C. Thomas, P. E. Skelley and J. H. Frank. (eds.). (21 de xuño de 2002). American Beetles, Volume II: Polyphaga: Scarabaeoidea through Curculionoidea. CRC Press LLC, Boca Raton, Florida . Arnett, Ross H. (2000). American Insects: A Handbook of the Insects of America North of Mexico. CRC Press. Richard E. White. (1983). Peterson Field Guides: Beetles. Houghton Mifflin Company.

Categoría:Cucujiformia Categoría:Animais descritos en 1775