Germán García Armesto, nado en Viana do Bolo e finado no mesmo concello o 29 de xaneiro de 1961, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Ricardo García Adánez, farmacéutico orixinario de Pobra de Seabra e de Antonina Armesto López, aveciñados en Viana. A súa infancia transcorreu entre Viana e Ourense, cidade onde fixo o bacharelato. Tras cursar os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo a licenciatura en 1902, instalouse como farmacéutico en Viana do Bolo. Foi deputado provincial por Viana do Bolo, e na ditadura de Primo de Rivera foi delegado rexio de Primiera Ensinanza. Colaborou en El Pueblo Gallego.El Pueblo Gallego, 24-1-1928, p. 12.

Vida persoal Casou en San Pedro de Nós con Mercedes Ávila Cuadra, sobriña da condesa de Bugallal, o 15 de abril de 1910.El Noroeste, 20-4-1910, p. 2. Mercedes finou en 1933.El Pueblo Gallego, 10-11-1933, p. 11.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Viana do Bolo

Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Finados en 1961