Avelino García Armesto, nado en Viana do Bolo o 23 de setembro de 1878 e finado en Palas de Rei o 3 de maio de 1938, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

Fillo de Ricardo García Adánez, farmacéutico orixinario de Pobra de Seabra e de Antonina Armesto López, aveciñados en Viana. A súa infancia transcorreu entre Viana e Ourense, cidade onde fixo o bacharelato. Cursou os estudos de farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1914. Instalouse como farmacéutico en Palas de Rei, e foi alcalde de dito Concello. Amigo de José Ouro Arias, participou con el nos mitins da campaña agrarista de 1923.La Provincia, 22-7-1923, p. 2. Nos anos finais da ditadura de Primo de Rivera foi deputado corporativo na Deputación de Lugo.El Progreso, 15-2-1929, p. 1. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado fiscal municipal de Palas de Rei en outubro.El Progreso, 31-10-1936, p. 1. Finou en Palas de Rei o 3 de maio de 1938.El Progreso, 4-5-1938, p. 2.

Vida persoal Foi irmán de Germán García Armesto. Casou con Livia Fernández Ávila, coa que tivo seis fillos, dos que só sobreviviron Avelino, Luis, Federico e María del Rosario García Fernández.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alcaldes de Palas de Rei Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Viana do Bolo

Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1938