A Sede é un edificio administrativo e comercial situado en Vigo. Constitúe unha das sedes institucionais do Real Club Celta de Vigo, e está situado na rúa Príncipe.
Historia miniatura|Antigo Círculo Mercantil e Industrial de Vigo, edificio que posteriormente foi adquirido polo RC Celta a para a súa remodelación. O edificio no que hoxe se atopa A Sede é froito de varias remodelacións e reformas nos inmobles que se atopaban nesa localización. Anteriormente á adquisición por parte do RC Celta, o edificio pertencía ao Círculo Mercantil. Fundado en 1891 a partir do Círculo de Instrución Mercantil, o seu presidente daquela, Bernardo Bernárdez, adquire o edificio situado na rúa Príncipe 44.
Após varios anos de obras a cargo do arquitecto Manuel Gómez Román, inaugurouse en 1925. De estilo clasicista galego e con múltiples galerías e ventanais, inaugurárono de forma oficial o 28 de setembro de 1927 os reis Afonso XIII e Vitoria Euxenia. Finalmente, no ano 2015 foi adquirido polo Celta de Vigo para a súa reforma e posterior mudanza das súas oficinas administrativas.
Arquitectura A Sede consta de seis andares que se erixen entre as rúas Príncipe e Velázquez Moreno.
No baixo comercial, un espazo acristalado e a dúas alturas, atópanse a tenda do RC Celta e un local gastronómico.
No primeiro andar, que outrora fora o antigo Salón Rexio do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo, sitúase un espazo multiúsos.
O andar segundo acolle unha residencia para futbolistas dos equipos bases do Celta.
O terceiro andar acolle unha clínica deportiva para futbolistas de elite, xestionada polo doutor do RC Celta Juan José García Cota.
Os andares cuarto e quinto constitúen espazos administrativos, oficinas e despachos.
Finalmente, o último andar acolle un restaurante dirixido polo chef Alberto González Prelcic.
Exteriormente, destaca o acabado en malla acristalada que recobre o teito do edificio, formando unha cúpula de vidro de cor celeste.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Sede
Outros artigos Cidade Deportiva Afouteza Centenario do Celta de Vigo
Categoría:Celta de Vigo Categoría:Arquitectura civil en Vigo