Cabalga co demo (en ) é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Ang Lee e protagonizado por Tobey Maguire, Skeet Ulrich, Jeffrey Wright e Jewel. Baséase na novela Woe to Live On de Daniel Woodrell, e está ambientado na guerra civil estadounidense. Conta a historia dun grupo de homes que se unen aos irregulares de Missouri, tamén coñecidos como Bushwhackers, unidades guerrilleiras leais ás unidades pro-Confederación do estado, e a súa guerra contra Northern Jayhawkers, aliados co exército da Unión. Simon Baker, Jonathan Rhys Meyers, Jonathan Brandis, Jim Caviezel, Mark Ruffalo e Celia Weston compoñen o resto do elenco.

Estreouse en galego o 25 de xaneiro de 2023 a través da TVG.

Personaxes

Tobey Maguire como Jake Roedel Skeet Ulrich como Jack Bull Chiles Jewel como Sue Lee Shelley Jeffrey Wright como Daniel Holt Simon Baker como George Clyde Jonathan Rhys Meyers como Pitt Mackeson Jim Caviezel como Black John Ambrose Tom Guiry como Riley Crawford Jonathan Brandis como Cave Wyatt Mark Ruffalo como Alf Bowden Tom Wilkinson como Orton Brown Margo Martindale como Wilma Brown John Ales como William Quantrill Matthew Faber como Turner Rawls Celia Weston como Mrs. Clark John Judd como Otto Roedel Don Shanks como George John Durbin como Skaggs Zach Grenier como Mr. Evans

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ang Lee Categoría:Filmes rodados en Missouri Categoría:Filmes rodados en Kansas Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre a escravitude nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de guerra dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre a Guerra de Secesión Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego