The Whale é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Darren Aronofsky e Samuel D. Hunter. Baséase na obra homónima de 2012. Está protagonizado por Brendan Fraser, Sadie Sink, Hong Chau, Ty Simpkins e Samantha Morton. No filme, un solitario profesor de inglés con obesidade severa intenta restaurar a súa relación coa súa filla adolescente, á que abandonou cando tiña oito anos. O filme rodouse entre o 8 de marzo e o 7 de abril de 2021, en Newburgh, Nova York.
The Whale estreouse na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 4 de setembro de 2022. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de decembro, antes dunha estrea máis ampla o 21 de decembro a través de A24, recadando 54,9 millóns de dólares contra un orzamento de 3 millóns. A crítica tivo unha resposta polarizada; aínda que algúns enxalzaron a actuación, especialmente de Fraser, Chau e Sink, a representación que se fai no filme das loitas relacionadas coa obesidade motivou críticas. Pola súa interpretación, Fraser gañou o Óscar ó mellor actor, o premio Critics' Choice e o premio SAG, Chau foi nomeada ó Óscar á mellor actriz secundaria, e o filme gañou o Óscar á mellor maquillaxe.
Personaxes Brendan Fraser como Charlie, un profesor de inglés obeso e solitario. Sadie Sink como Ellie Sarsfield, a filla adolescente e distante de Charlie. Jacey Sink como Ellie de nena. Hong Chau como Liz, a enfermeira que coida de Charlie e a súa mellor amiga. Ty Simpkins como Thomas, un misioneiro cristián. Samantha Morton como Mary, a exmuller de Charlie e a nai de Ellie. Sathya Sridharan como Dan, un repartidor de pizza.
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Darren Aronofsky Categoría:Filmes con banda sonora de Rob Simonsen Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes ambientados en 2016 Categoría:Filmes ambientados en Idaho Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de A24 Films