Sharon Cohen (en ), nada en Tel Aviv o 2 de febreiro de 1972 é unha cantante e compositora israelí, máis coñecida como Dana International (en ). Gañou o Festival de Eurovisión en 1998 representando a Israel co éxito "Diva", sendo a primeciira cantante e compositora transexual israelí que se presentou ao festival, causando un grande impacto no país e no propio certame. Volveu a Eurovisión en dúas ocasións como autora e como intérprete.
Traxectoria Primeiros anos Sharon Cohen naceu en Tel Aviv, e recibiu o seu nome, Sharon, por unha tía que falecera nun ataque terrorista. Desde nena recibiu clases de música e na súa adolescencia actuaba en centros nocturnos nas discotecas máis importantes de Israel cando Offer Nissim, disc-jockey e produtor de música house e principal expoñente das festas circuit que se celebraban en América, Asia e Europa, a descubriu artisticamente.
En 1993, publicou o seu primeiro sinxelo, "Saida Sultana", unha versión da canción "My name's not Susan", de Whitney Houston. Tamén publicou o seu primeiro disco, que incluía unha canción da que tomou o seu nome artístico, "Danna International", e conseguiu un grande éxito tamén en países como Xordania e Exipto. Paralelamente, Dana International (nome inspirado por un amigo da infancia, Daniel, que finou nun accidente), someteuse a unha operación de reasignación de sexo en Londres.
En 1995, saíu á venda o seu segundo disco, titulado Umpatampa, polo que gañou o premio á mellor artista feminina en Israel en 1996. En 1995 tamén entrou na preselección israelí para o Festival de Eurovisión interpretando "Layla Tov Eropa". O seu terceiro disco, Maganona foi censurado en Exipto e Xordania porque temían que "pervertese" a mocidade deses países. Aínda así, vendéronse moitas copias piratas. Dese disco extraeuse o sinxelo "Cinque Milla".
Eurovisión 98 200px|miniatura|esquerda|Dana no Songfestivalfeest de Ámsterdam en 2019 En 1998 e ante unha enorme expectación representou o seu país no Festival de Eurovisión 1998, celebrado en Birmingham, coa canción "Diva", que coincidiu ademais co 50 aniversario da proclamación do estado de Israel. A ultraortodoxia israelí chegou a cualificar a Dana como "o demo" e recibiu ameazas de morte, unha polémica que provocou que a televisión israelí non enviase comentarista ao festival.
A canción impúxose con 172 puntos na noite do festival (no primeiro ano que se empregou de xeito masivo o voto telefónico) e ao volver a actuar decidiu vestir unha chaqueta de plumas creada por Jean-Paul Gaultier que lle recomendaron non usar durante a actuación debido a que nalgúns planos tapaba a súa cara. A vitoria de Dana tivo un grande impacto musical e sobre todo nos medios, converténdoa na primeira artista israelí que foi entrevistada pola MTV e en actuar en Top of the Pops. A noite do seu triunfo centos de mozos saíron ás rúas de Tel Aviv, pois significaba o triunfo do sector máis liberal da sociedade israelí e unha vitoria para os dereitos da comunidade homosexual en Oriente.
Tralo festival Posteriormente, publicou un disco para toda Europa coas súas cancións máis coñecidas en Israel titulado The Album e outro con cancións novas chamado Free. En 2005 "Diva" foi elixida a décimo terceira mellor canción da historia de Eurovisión, polo que competiu no espectáculo Congratulations.
A partir de 2000, tamén colaborou con músicos como DJ Vic, Amir.M & Gal.M e Mike Cruz, e editou temas con certas reminiscencias da música electrónica.
Volveu a Eurovisión en 2008 como compositora da canción "The fire in your eyes" interpretada por Boaz Mauda que, tras superar a semifinal, quedou en novena posición. Xa en 2011 regresou como autora e intérprete coa canción "Ding Dong", mais nesta ocasión non superou a semifinal en Düsseldorf. Volveu vestir de Jean-Paul Gaultier.
En 2013 e tras un descanso de dous anos, Dana deu a coñecer os seus novos sinxelos, "Ma la'asot" e "Loca". Apareceu en varias ocasións en programas relacionados co Eurofestival, como o 60 Aniversario organizado por BBC en Londres en 2015 e na apertura da edición 64 en Tel Aviv.
Activismo Dana International fixo campaña a favor dos dereitos da poboación homosexual de Israel e é habitual a súa presenza nas celebracións do orgullo de diferentes cidades de Europa.
Discografía 1993 Danna International (Offer Nissim Presents), IMP Dance 1994 Umpatampa, IMP Dance 1995 E.P.Tampa (Offer Nissim Featuring), IMP Dance 1996 Maganuna (Crazy), Helicon/Big Foot 1998 Diva – The Hits, IMP Dance 1998 Dana International The Album, Helicon/Big Foot/PolyGram 1999 Free, (European edition), CNR Music 2000 Free, (Israeli & Japanese edition), NMC/NXCA 2001 Yoter Ve Yoter (More and More), NMC 2002 HaHalom HaEfshari (The Possible Dream), IMP Dance 2003 The CDs collection, IMP Dance 2007 Hakol Ze Letova (It's All for The Best), Hed Arzi Ltd.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Dana International Official Website Dana International Forum Unofficial Dana International fansite Dana International – A Star Online; Website & Forum Dana Photo Gallery
Categoría:Nados en Tel Aviv Categoría:Nados en 1972 Categoría:Cantantes de Israel Categoría:Activistas de Israel Categoría:Activistas LGTB