Toscanos (Los Toscanos) é un xacemento arqueolóxico fenicio situado nunha illa na desembocadura do río Vélez, no concello de Vélez-Málaga, na provincia de Málaga, desde mediados do século VIII a. C.

O xacemento foi descuberto por casualidade no medio da procura doutro asentamento, neste caso grego, o lugar de Mainake. Na actualidade, Toscanos é unha escavación arqueolóxica en curso, que permite percibir as liñas urbanas de vivendas aliñadas en rúas ou prazas, de planta regular, zócolo de pedra, adobe para os paramentos e terrazas. Os diferentes tamaños das vivendas poden indicar as diferenzas sociais dos seus inquilinos. Un dos edificios máis grandes, duns 150 m², podería ser un almacén a dobre altura cunha superficie repartida en tres naves, construído no século VII a. C. período máis próspero da colonia. Daquela, a poboación estimábase entre 1000 e 1500 habitantes.

Durante os anos 2019 e 2020 producíronse diversos movementos, tanto de carácter social como institucional, co fin de preservar e reordenar este xacemento arqueolóxico.

Notas

Véxase tamén

Cerámica grega

Categoría:Bens de Interese Cultural de Andalucía Categoría:Fenicia