Emilio Rey Sánchez-Somoza, nado na vila de Arzúa en 1876 e finado en Madrid o 7 de outubro de 1951, foi un farmacéutico e empresario galego.

Traxectoria Fillo de Cayetano Rey García, que foi alcalde de Arzúa, e Elvira Sánchez Somoza. Marchou a Buenos Aires con trece anos, de onde retornou dous anos despois. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Fundou os Laboratorios Yer que crearon os prestixiosos Sello e Purgante e os xaropes, crecepelo e xices de Menta. Tamén foi dono dos cines Saboy e Colón na Coruña e do Cine Saboy de Madrid. Finou en Madrid o 7 de outubro de 1951.La Voz de Galicia, 10-10-1951, p. 1.

Vida persoal Casou con Melania Romero e foi pai de Emilio, Luciano e José Rey Romero. Enviuvou e casou en segundas nupcias con Claudia de Roa, e foi pai de Claudia, Jaime e Soledad Rey de Roa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1951