O cuartel da Mestranza é un antigo cuartel situado a carón da Cidade Vella da Coruña, nos Xardíns da Mestranza. É a sede da reitoría da Universidade da Coruña.Reitoría
Historia Antes do século XVIII o exército ocupaba vivendas da Coruña cando precisaban facer traballos na cidade. O capitán xeneral Diego das Mariñas comprara por iso unhas casas na praza principal da cidade en 1594.
En 1751, dado o estado ruinoso dos edificios, decidiuse construír un novo na área situada xunto os conventos de Santa Bárbara e San Francisco. O proxecto foi do enxeñeiro Francisco Llobet. As obras remataron en 1754 a pesar das queixas dos franciscanos que dicían que eran os propietarios dos terreos e das bárbaras que dicían que o edificio quitaba o sol das súas celas e estragaba a ventilación.
O edificio quedou axiña pequeno e entre 1763 e 1771 foi ampliado segundo o deseño de Baltasar Ricaud. En 1774 estableceuse o Almacén de Pertrechos de Artillaría para a mestranza, é dicir, a elaboración e reparación de pezas de artillaría. Este cuartel deu nome á rúa. Durante os séculos seguintes o cuartel sufriu diferentes modificacións.
Na década de 1980, coa reestruturación dos terreos militares da cidade, o cuartel quedou sen uso. En 1994 reformouse o edificio para acoller a reitoría e o paraninfo Universidade da Coruña. Na contorna do antigo cuartel dispúñanse as baterías de artillaría para a defensa da ría do Burgo, espazo que agora ocupan os Xardíns da Mestranza.
Descrición O edificio ten forma de hexágono irregular cun patio porticado cun exterior de estilo neoclásico. Da zona moderna destacan o paraninfo e a cafetaría, cunha gran cristaleira con vistas ao mar.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Arquitectura militar de Galicia Categoría:Universidade da Coruña