Os derodóntidos (Derodontidae) son unha familia de escaravellos clasificada na súa propia superfamilia monotípica, Derodontoidea. Os escaravellos desta familia son pequenos, de entre 2 e 6 mm de lonxitude, tipicamente con marxes espiñosas nos pronotos (parte do tórax) que lles dan o seu nome científico, aínda que o xénero Laricobius carece desas espiñas. Unha caracterísitca rara entre os escaravellos é que teñen dous ocelos na parte superior da cabeza.
Están relacionados cos Bostrichoidea.
Algunhas especies aliméntanse de mofos mucilaxinosos, pero as larvas e os adultos do xénero Laricobius son predadores de hemípteros adélxidos que atacan as coníferas e especies deste xénero utilízanse como axentes de control biolóxico en países como os Estados Unidos para o control de adélxidos.
Hai 42 especies distribuídas en 4 xéneros e 3 subfamilias. A familia comprende os seguintes grupos:Hava, J. 2006. A world catalogue of the family Derodontidae (Coleoptera). Pol Pismo Entomol 75 29-38
Subfamilia Derodontinae Xénero Derodontus (11 especies) Subfamilia Laricobiinae Xénero Laricobius (23 especies) Xénero Nothoderodontus (6 especies) Subfamiliay Peltasticinae Xénero Peltastica (2 especies) O xénero fósil Juropeltastica data do Xurásico medio (hai ~ 163 millóns de anos) e atopouse na formación Haifanggou da China.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Derodontidae from the Tree of Life