O lapis do carpinteiro é unha novela do escritor galego Manuel Rivas, publicada en 1998 en galego por Edicións Xerais.
É a novela galega con máis traducións a outras linguas, con 100.000 exemplares vendidos en galego. En 2026 Xerais sacou unha edición especial (ISBN 978-84-1110-831-7) conmemorativa.
Sinopse
No cárcere de Santiago de Compostela, en plena Guerra Civil, un pintor debuxa o Pórtico da Gloria cun lapis de carpinteiro, reflectindo os rostros e a desesperación dos seus compañeiros de presidio. O gardián Herbal, o seu futuro asasino, obsérvao todo. A partir desta escena, o Lapis de Manuel Rivas conta unha historia onde o amor entre o médico republicano Daniel da Barca e Marisa Mallo logra gañar á desesperación.
Base histórica Parte do argumento esta baseado nas historias do debuxante Camilo Díaz Baliño e do médico Francisco Comesaña Rendo e a súa muller Ascensión Concheiro García.
Adaptacións da novela miniatura|250px|O cárcere da Coruña, outro dos lugares onde se desenvolve a trama. Ao cine A película baseada no libro, dirixida por Antón Reixa e protagonizada por Tristán Ulloa, María Adánez e Luís Tosar foi estreada en 2003 e seleccionada para presentarse nos Premios Goya da Academia Española do Cine. A Película foi gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe, e algúns dos seus protagonistas como Luís Tosar e María Pujalte recibiron os Premios Mestre Mateo 2003 á mellor interpretación masculina e á mellor actriz secundaria.Gañadores dos Premios Mestre Mateo 2003 .
Ao teatro Tamén foi adaptada ao teatro polo grupo Sarabela que a estreou en Ourense no ano 2000, e que continuaron cunha exitosa xira por toda Galicia"Sarabela Teatro representará en Vigo a obra O Lapis do Carpinteiro" , artigo en La Voz de Galicia, 14 de setembro de 2000 e fóra dela, superando os 25.000 espectadores, e pola que recibiron 8 Premios María Casares.
Traducións O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do paísGran Enciclopedia Galega. Tomo 38, páx. 236 e 237..
Ao castelánFicha en BiTraGa. e ao neerlandésFicha en BiTraGa. en 1998; ao alemánFicha en BiTraGa., francésFicha en BiTraGa., italianoFicha en BiTraGa. e portuguésFicha en BiTraGa. en 2000; ao inglésFicha en BiTraGa., finlandés, árabeFicha en BiTraGa. e turcoFicha en BiTraGa. en 2001; ao brasileiroFicha en BiTraGa., polacoFicha en BiTraGa. e grego en 2002; ao catalánFicha en BiTraGa., noruegués e inglés (para os Estados UnidosFicha en BiTraGa. en 2003; ao rusoFicha en BiTraGa. en 2004; ao hebreo en 2005, ao eslovenoFicha en BiTraGa. en 2006; ao búlgaro en 2009Ficha en BiTraGa. e 2010Ficha en BiTraGa.; ao serbioFicha en BiTraGa. e ao romanésFicha en BiTraGa. en 2011; ao coreano en 2013"Galician Songs", bretemas.gal, 23 de febreiro de 2013.; e ao húngaro en 2021Traducida como Az ácsceruza por Urbán Bálint e publicada en edición bilingüe pola Universidade de Budapest co apoio económico da Xunta de Galicia. Accesible na rede (PDF da novela).
Galardóns e recoñecementos A obra foi premiada cos seguinte premios: Premio da Crítica Española 1998. Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1999. Premio da Asociación de Escritores en Lingua galega 1999. Premio literario 50 Aniversario da Sección belga de Amnistía Internacional 2001.
Segundo Edicións Xerais, con motivo da publicación neste ano dunha edición especial d' O Lapis do carpinteiro (Edición XXV aniversario)
O DVD ten a opción de ver a película comentada por Antón Reixa e Manolo Rivas. Nunha das escenas, preto da Torre de Hércules, Manolo Rivas fai o papel dun preso que é fusilado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Manuel Rivas Sarabela Teatro O lapis do carpinteiro (montaxe teatral)
Ligazóns externas Cadernos de críticas da Editorial Xerais sobre O Lapis do Carpinteiro Documento sobre a montaxe de Sarabela Teatro do Lapis do Carpinteiro
Categoría:Obras literarias de 1998 Lapis do carpinteiro, O Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Obras sobre a guerra civil española Categoría:Manuel Rivas Categoría:Guerra civil española en Galicia