A dos mixófagos (Myxophaga) é a segunda suborde máis pequena dos insectos coleópteros (escaravellos) despois de Archostemata, e consta dunha 65 especies de pequenos ou diminutos escaravellos, clasificados en catro familias. Os membros desta suborde son acuáticos ou semiacuáticos e aliméntanse de algas.
Descrición
As características diagnósticas de Myxophaga son: as antenas son máis ou menos claramente de tipo maza e normalmente con menos de nove segmentos, as cavidades mesocoxais están abertas lateralmente e abeiradas por un mesepímero e metanepisterno, as ás traseiras están enroladas apicalmente na posición de repouso. Internamente caracterízanse pola presenza de seis túbulos de Malpighio e os testículos son tubulares e enrolados.
Os escaravellos desta suborde están adaptados a alimentarse de algas. As súas pezas bucais carecen de galeas e teñen un dente móbil na súa mandíbula esquerda.
Taxonomía
Na suborde Myxophaga hai catro familias con representantes vivos divididas en dúas superfamilias, que conteñen unhas 65 especies descritas, e polo menos unha familia extinguida (simbolizado por †).
Superfamilia Lepiceroidea Hinton, 1936 Familia Lepiceridae Hinton, 1936 Lepicerus Hinton, 1936 †Lepiceratus Jałoszyński et al. 2020 Superfamilia Sphaeriusoidea Erichson, 1845 Familia Hydroscaphidae LeConte, 1874 Hydroscapha LeConte, 1874 Scaphydra Reichardt, 1973 Yara Reichardt & Hinton, 1976 Confossa Short, Joly, García & Maddison, 2015 Familia Sphaeriusidae Erichson, 1845 Sphaerius Waltl, 1838 †Burmasporum Kirejtshuk 2009 Familia Torridincolidae Steffan, 1964 Claudiella Reichardt & Vanin, 1976 Delevea Reichardt, 1976 Iapir Py-Daniel, da Fonseca & Barbosa, 1993 Incoltorrida Steffan, 1973 Satonius Endrödy-Younga, 1997 Torridincola Steffan, 1964 Ytu Reichardt, 1973 Familia †Triamyxidae Qvarnström et al. 2021 †Triamyxa Qvarnström et al. 2021 Non situadas en familias †Leehermania Chatzimanolis et al. 2012
Distribución
Os membros vivos de Lepiceridae están confinados no norte de Suramérica e América Central. Os Sphaeriusidae viven en todos os continentes excepto a Antártida, mentres que os Hydroscaphidae viven en todos os continentes menos Australia e Antártida. Os Torridincolidae poden atoparse en África, Asia e Suramérica.
Rexistro fósil
Sábese pouco do rexistro fósil dos Myxophaga. Os fósiles do inicio do Cretáceo tardío (Cenomaniano) atopados en ámbar birmano de Myanmar, foron asignados ao xénero hoxe existente Lepicerus e ao xénero extinguido Lepiceratus dentro de Lepiceridae,Jałoszyński, Paweł; Luo, Xiao-Zhu; Hammel, Jörg U.; Yamamoto, Shûhei & Beutel, Rolf G. (2020). "The mid-Cretaceous †Lepiceratus gen. nov. and the evolution of the relict beetle family Lepiceridae (Insecta: Coleoptera: Myxophaga)". Journal of Systematic Palaeontology. 18 (13). así como Burmasporum, que pertencen a Sphaerusidae. Non se describiron fósiles de impresión de escaravellos mixófagos ata 2012, probablemente debido ao seu pequeno tamaño corporal e hábitat especializado. Un espécime fósil asignado ao xénero vivo Hydroscapha de Hydroscaphidae, foi descrito en 2012 procedente da formación Yixian na biota Jehol, e data do Cretáceo temperá (Aptiano). En 2019, Leehermania do Triásico tardío (Noriano) da formación Cow Branch de Carolina do Norte, que fora interpretada previamente como o estafilínido máis antigo coñecido, foi reinterpretada como un parente que diverxeu temperamente da familia Hydroscaphidae, o que a converte no mixófago máis antigo coñecido. En 2021, describíronse numerosos espécimes dun novo mixófago procedentes dun coprólito atopado en sedimentos polacos do Triásico tardío (Carniano). O novo taxon Triamyxa, foi situado na súa propia familia monotípica, Triamyxidae, e resolveuse como o mixófago máis basal ou un taxon irmán de Hydroscaphidae.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas