Adrián Pumares Suárez, nado en Llaviana o 14 de xuño de 1989, é un político asturiano. Secretario xeral de Foro Asturies e deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias.

Traxectoria Licenciouse en economía na Universidade de Oviedo. Xogou ao rugbi no Pilier Rugby Club nas ligas rexionais de afeccionados. Dirixiu a área de economía de Foro Asturias, foi secretario xeral local do seu partido e concelleiro en Llaviana dende o 13 de xuño de 2015 ao 12 de outubro de 2016, ao deixar o cargo por razóns laborais.

Dende novembro de 2018 é o secretario xeral de Foro Asturias, deputado dende o 24 de xuño de 2019 e o seu voceiro na Xunta Xeral do Principado de Asturias. Durante os debates da reforma do Estatuto de Autonomía na Xunta Xeral a finais de 2021 para facer do asturiano e do galego de Asturias linguas oficiais na autonomía, no que o seu voto era decisivo e no que defendeu un apoio condicionado, sufriu ataques por parte de partidos e organizacións contrarias a esa oficialidade. No V Congreso do seu partido, en setembro de 2022, elixírono como candidato á Presidencia de Asturias nas eleccións de maio de 2023 .

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista a Adrián Pumares sobre a reforma do Estatuto de Autonomía Alderiques en Twitch.

Categoría:Nados en Llaviana Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Nados en 1989 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Políticos de Foro Asturias Categoría:Concelleiros de Asturias