O Torneo das Seis Nacións (coñecido como RBS 6 Nations por motivos de patrocinio), coñecido antes do ano 2000 como o Cinco Nacións, é unha competición anual de rugby entre seis seleccións europeas: Escocia, Francia, Gales, Inglaterra, Irlanda, Italia.

O Six Nations Championship, cos seus predecesores o Cinco Nacións e o Campionato das Home Nations, e o primeiro torneo internacional de rugby no Hemisferio Norte. Os campións do Seis Nacións son vistos tamén coma os Campións de Europahttp://news.bbc.co.uk/2/hi/sport/rugby_union/six_nations/612204.stm. O evento está patrocinado actualmente polo RBS, o Royal Bank of Scotland (Banco Real de Escocia).

Irlanda é o equipo que ostenta o título do Grand Slam, recoñecido oficialmente por primeira vez dende 1948, tras gañar a competición de 2009 gañando a tódalas outras selección, sendo ademais os gañadores da Tripla Coroa tras vencer a Escocia, Gales e Inglaterra (os catro equipos das Illas Británicas).

Existe á parte do masculino o torneo das Seis Nacións feminino e unha versión Xuvenil, para menores de 20 anos. Cabe resaltar que cando o nome do torneo non está acompañado por ningunha outra sinalización refírese ao torneo orixinal masculino. Nestes outros dous torneos participan os mesmos seis países que no de homes.

As Seis Nacións

Cores : Camisola e pantalóns albos e medias vermellas. Estadio : Twickenham en Londres (82.000 prazas) Símbolo : a Rosa Vermella de Lancaster Himno : God Save the Queen

Cores : Camisola azul mariña, pantalón branco e medias azuis. Estadio : Murrayfield en Edimburgo (67.500 prazas) Símbolo : o Cardo Himno : Flùir na h-Alba

Cores : Camisola azul, pantalón branco e medias vermellas Estadio : Stade de France en París-Saint-Denis (79.000 prazas) Símbolo : o Galo Himno : La Marseillaise Cores : Camisola vermella, pantalón branco Estadio : Millennium Stadium en Cardiff (72.500 prazas) Símbolo : as Plumas do Príncipe de Gales Himno : Hen Wlad Fy Nhadau

Cores : Camiseta verde, pantalón branco Estadio : Aviva Stadium en Dublín (51.700 prazas) Símbolo : o Trevo Himno : Ireland's Call e Amhrán na bhFiann

Cores : Camiseta azul, pantalón branco Estadio : Stadio Olimpico en Roma (72.698 prazas) Símbolo : a Coroa de loureiro e a Tricolore Himno: Fratelli d'Italia

Formato miniatura|esquerda|Localización das Seis Nacións participantes Xogado anualmente, o formato do Campionato é sinxelo: cada equipo xoga contra o resto unha vez, alternando a vantaxe de campo dun ano ao seguinte. Por cada vitoria obtéñense dous puntos, un por empatar e ningún por unha derrota. Ao contrario que noutras competicións de rugby o sistema de puntuación por bonificación non se usa (o sistema de bonificación consiste en 4 puntos por vitoria, 2 por empate, 1 punto de bonificación por acadar 4 ou máis ensaios e outro punto por perder por 7 ou menos puntos).

Acadando a vitoria en cada partido conséguese o "Grand Slam". De ida e volta (dous anos consecutivos, xa que se alternan os partidos de casa e fora dun ano ao outro) o Grand Slam foi soamente obtido en cinco ocasión por Gales en 1908/1909, Inglaterra en 1913/1914, 1923/1924 e 1991/1992 e Francia en 1997/1998. Inglaterra posúe o maior número de Grand Slam con 12, seguido de Gales con 10, Francia con 8, Escocia con 3 e Irlanda con 2.

A vitoria dunha das Home Nations (é dicir Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda) sobre as outras é a Tripla Coroa. A Triple Crown este trofeo só foi acadado catro veces consecutivas en dúas ocasións, unha por Gales en 1976, 1977, 1978 e 1979 e outra por Inglaterra en 1995, 1996, 1997 e 1998. Inglaterra posúe o maior número de Triplas Coroas con 23, seguido por Gales con 19, Escocia con 10 e Irlanda. Aínda que este trofeo leva celebrándose durante moito tempo coma unha característica do Torneo, non foi até 2006 cando pasou a posuír un trofeo físico, encargado polo Royal Bank of Scotland.

Ao final do torneo o equipo que termina o torneo de último dise que gaña a Culler de Madeira (ás veces considerase que se "gaña" este trofeo só se remata o torneo sen que ese equipo venza ningún partido, pero isto sería máis ben o whitewash).

Outras varias competicións individuais toman lugar neste Torneo. A competición regular máis vella é a Calcutta Cup, que gaña o vencedor do partido entre Escocia e Inglaterra dende 1879. Chámase de Copa de Calculta xa que está feita dun fundido de rupias Indias. Dende 1988, o Millennium Trophy entrégase ao vencedor do partido entre Inglaterra e Irlanda. A partir de 2007, Francia e Italia teñen tamén o seu propio trofeo: o Torfeo Giuseppe Garibaldi, que foi creado polo 200 aniversario do heroe italiano que axudou á unificación do estado italiano, Giuseppe Garibaldi, nacido en Nizza en 1807; cidade que se converteu na actual cidade francesa de Niza en 1859.

Antes de 1994, os equipo que remataban cos mesmos puntos compartían o campionato. Despois dese ano os empates rómpense considerando a diferenza de puntos (puntos acadados nos partidos) entre os dous equipos. O regulamento do campionato di ademais que en caso de novo empate a puntos, gaña o equipo que acade máis ensaios. Se aínda persiste o empate o equipos afectados comparten o campionatoRegulamento do RBS 6 Nations Championship . Porén, até o día de hoxe, os puntos por vitorias e os puntos acadados nos partidos foron de abondo para decidir o campionato.

Historia O Torneo das seis Nacións toma a substitución do torneo das cinco nacións, quen á súa vez era herdeiro dun torneo entre catro equipos. Dende 1996, o Torneo outorga oficialmente (ata entón era oficioso) o título de Campión de Europa de Rugby. Como manda a tradición, os antigos trofeos como a Copa Calcuta (que se disputa entre Inglaterra e Escocia) e a Tripla Coroa (que se outorga ao equipo británico que se impoña aos outros tres) séguense disputando. Moito máis recentes son o Millenium Trophy, que premia ao vencedor do partido entre Inglaterra e Irlanda e o Trofeo Eurostar para o vencedor do partido entre Francia e Inglaterra. Ademais, o grand slam é a guinda do pastel do vencedor do torneo: o obtén o equipo que gaña todos os partidos; pola contra, a culler de madeira é a triste recompensa virtual do equipo que perde todos os partidos.

O Torneo sufriu algunhas crises forzadas polo problema irlandés. Ademais da interrupción da competición en 1972 tralo masacre de Londonderry, acordouse non volver interpretar o himno God Save the Queen durante a presentación dos equipos ao longo dun cuarto de século. Para non irritar aos ingleses tampouco se interpretou A Marsellesa antes dos partidos que Francia disputaba en Dublín. Para compensar tampouco se interpretaba o himno irlandés nos desprazamentos do equipo do trevo. Non se volveu á normalidade ata 1997.

Malia ser vítima da súa contorna, o Torneo presenta unha cara moito máis positiva con todos os afeccionados que se desprazan aos partidos. A tradición do chamado terceiro tempo (no que os afeccionados -e os propios xogadores- celebran a vitoria ou lamentan a derrota ás veces con máis alcol do conveniente) dá unha imaxe alegre deste deporte. Algúns destes terceiros tempos do Torneo que sempre reúnen aos xogadores de ambos equipos fixeron historia. Trala profesionalización deste deporte, a mediados dos 90, os xogadores están menos dispostos a estas celebracións.

1883 : Primeira edición da competición integrando aos catro equipos británicos: Irlanda, Escocia, País de Gales e Inglaterra. 1910 : Admítese a Francia no Torneo. 1931 : Francia é excluída, acusada de profesionalismo. 1947 : Renóvase o Torneo trala segunda guerra mundial con Francia. 1996 : O Torneo convértese (oficialmente) en Campionato de Europa de Rugby. Dende ese momento os títulos non se comparten en caso de igualdade a puntos; a clasificación prima a mellor diferenza entre puntos marcados e puntos encaixados. 2000 : O equipo de Italia únese ao Torneo.

Tradicións e aspectos festivos A pesar dalgunhas dificultades pasaxeiras, o Torneo é un grande acontecemento deportivo e unha cita co bo humor dos fieis seareiros. Un partido do Torneo comeza moito antes do saque inicial, principia cando os fans comezan unha xira polos seis países implicados nesta vella competición. O desprazamento adoita efectuarse en grupo e os seguidores non dubidan en facer grandes viaxes para asistir aos partidosDesprazamento de seareiros para o Inglaterra-Francia de 1977 Vídeo dos arquivos de ina.fr incluso se son retransmitidos pola televisión.

O partido comeza tradicionalmente cos himnos nacionais que cantados de xeito moi fervoroso polos seareiros de cada equipoIreland's Call , Land of my fathers e Flower of Scotland de YouTube e remata, sexa cal sexa o resultado, ben entrada a tarde ou incluso até o día seguinte nos pubs ou nos bistrós (pequenas cafetarías).

Para os seareiros que non teñen a oportunidade de asistir ao partido no estadio, esta é a unha ocasión de xuntarse na casa cos amigos ou nun pub. Sen que sexa por chauvinismo ou por un exceso de nacionalismo, unha gran parte dos seguidores levan as cores dos seus equipos, píntanse a face ou cantan populares cancións para dar folgos aos seus xogadores, como por exemplo o Swing Low, Sweet Chariot dos inglesesGrand Slam: How did you celebrate?, de bbc.co.uk Swing Low, Sweet Chariot , de anthem4england.co.uk . Esta canción foi adoptada polos seareiros da Rosa o 19 de marzo de 1988 con ocasión dun encontro entre Inglaterra e Irlanda. Os ingleses ían perdendo por 0 a 3 no descanso, mais tomaron vantaxe na segunda metade mentres os seguidores cantaban espontaneamente o Swing Low, Sweet Chariot e acabouse convertendo no canto de carraxe para os seareiros ingleses<ref> [http://www.youtube.com/watch?v=Boe2v2y65E8 Swing Low, Sweet Chariot. Inglaterra - Nova Zelandia 2006], de youtube.com </ref>. Do mesmo xeito por exemplo, os franceses interpretan a Marsellesa para dar folgos ao seu equipo, os BleusA Marsellesa. Francia - Nova Zelandia 2006, de youtube.com .

O fenómeno hooligan (seareiros violentos), que se adoita manifestar en competicións de fútbol, non existe no deporte do rugby, sendo totalmente o contrario, producíndose encontros amigábeis entre os seguidores de tódolos equipos.

A práctica ritual do terceiro tempo tanto polos seguidores coma polos xogadores é unha verdadeira institución no rugby, do que se di que non é tal sen esta tradición. Os terceiros tempos reúnen despois dos partidos xa sexa a seguidores ou a xogadores para ir pasalo ben todos xuntos entre os dous equipos despois do duro partido. Os terceiros tempos do Seis Nacións do Torneo xuntan aos xogadores dos dous equipos, algúns destes pasando ao anais da historiaPlus belle "bringue" avec le XV de France, selon Philippe Sella , de sport.france2.fr .

O Torneo é agardado cada ano con moito interese xa que se produce entre o inverno e a primavera, época do ano na que non hai tantas grandes competicións deportivas, a excepción dos Xogos Olímpicos de inverno cada catro anos.

Estadios e espectadores Os estadios do Torneo Ata o ano 2000, a selección de Gales xogou os seus partidos como local no Cardiff Arms Park. O primeiro partido internacional disputado no Cardiff Arms Park tivo lugar fronte á selección de Irlanda o 12 de abril de 1884 ante 5.000 espectadores. O combinado galés xogou tamén os seus partidos internacionais nos estadios de Swansea, Newport e Llanelli.