Ruy Barbosa de Oliveira GCSE nado en Salvador, Baía, o 5 de novembro de 1849 e finado en Petrópolis o 1 de marzo de 1923, foi un polímata brasileiro, destacando principalmente como xurista, avogado, político, diplomático, escritor, filólogo, xornalista, tradutor e orador. Un dos intelectuais máis coñecidos da súa época, foi designado por Deodoro da Fonseca como representante do nacente goberno republicano, converténdose nun dos seus principais organizadores, ademais de coautor da constitución da I República xunto con Prudente de Moraes. Ruy Barbosa defendeu o federalismo, o abolicionismo e a promoción dos dereitos e garantías individuais.
Traxectoria miniatura|Primeira Bandeira Republicana, creada por Ruy Barbosa, utilizada entre o 15 e o 19 de novembro de 1889 |esquerdaBarbosa pronunciou o seu primeiro discurso público pola abolición da escravitude cando tiña 19 anos. Durante o resto da súa vida continuou unha defensa férrea das liberdades civís. A escravitude no Brasil foi finalmente abolida pola Lei Áurea en 1888.
Primeiro Ministro de Fazenda do réxime establecido en novembro de 1889, coñecido como República da Espada, a súa breve e discutida administración estivo marcada polo encilhamento, a grave crise económica provocada polo aumento indiscriminado da emisión de papel moeda. Parte do seu legado á historia é a súa autorización, como ministro de Finanzas en 1890, da destrución da maior parte de arquivos relacionados coa escravitude; como ministro de Deodoro, fixo destruír os rexistros documentais da propiedade de escravos, evitando así que os antigos donos fosen indemnizados.
Tamén foi deputado e senador, e creador da primeira bandeira do Brasil republicano, inspirada na bandeira dos Estados Unidos e que foi adoptada polo goberno provisional durante catro días, sendo substituída pola actual flâmula brasileira. As ideas liberais de Barbosa influíron no borrador da primeira constitución republicana (1891). Partidario do "diñeiro fiduciario", como oposición ao patrón de ouro no Brasil, durante o seu mandato como ministro de Finanzas, implementou reformas de grande alcance no réxime financeiro do país, instituíndo unha política monetaria expansionista. Porén, o caos e a inestabilidade producidos polo experimento fiat promoverían un contragolpe ortodoxo liderado por Murtinho.páxina=32|miniatura| Constitución brasileira de 1891 asinada por Ruy Barbosa (décimo segunda sinatura). Colección Arquivo Nacional|esquerdaNotable orador e estudoso da lingua portuguesa, foi membro fundador da Academia Brasileira de Letras (1897), ocupando a cátedra no 10, e o sendo o seu presidente entre 1908 e 1919. Como delegado brasileiro na II Conferencia de Paz, na Haia (Holanda, 1907), fíxose famoso por defender o principio de igualdade dos Estados. Pola súa actuación nesta conferencia, recibiu o epíteto "A Aguia da Haia" do Barón de Río Branco.
Xogou un papel decisivo na entrada do Brasil na Primeira guerra mundial. Ao final da súa vida, foi nomeado xuíz da Corte Mundial, un cargo de enorme prestixio, que rexeitou. Presentouse sen éxito para a presidencia do Brasil en 1894, 1910 e de novo en 1919. Foi candidato na chamada "campaña civilista", contra o militar Hermes da Fonseca. Malia ser considerado unha icona do republicanismo brasileiro, Ruy Barbosa quedou desencantado co sistema político que axudou a implantar, facendo varios comentarios antirrepublicanos nos seus últimos anos de vida. Pouco coñecidas, as súas críticas volveron ser postas en primeiro plano polos movementos monárquicos brasileiros a comezos do século XXI (aínda que Ruy Barbosa non chegou a ser monárquico en vida).
Descendentes miniatura| Ruy Barbosa, a súa muller e unha das súas fillas, en 1907 Ruy Barbosa de Oliveira casou con María Augusta Viana Bandeira o 23 de novembro de 1876 en Salvador. Tiveron cinco fillos:
Maria Adélia (1878) Alfredo Rui (1879) Francisca (1880) João (1890) Maria Luísa Vitória (1894)
Os descendentes de Ruy Barbosa toman o apelido "Ruy Barbosa". Nas súas primeiras xeracións, esta foi unha familia de diplomáticos, o que axudou a reforzar o mito de que a carreira diplomática se transmite de pai a fillo.SAID, Fabio M. O clã Almeida de Caravelas e Alcobaça. São Paulo: edição do autor, 2010. pp. 175-187. ISBN 978-85-910098-1-7.
Citas de Ruy Barbosa, e sobre el esquerda|miniatura| Ruy Barbosa na súa biblioteca, sen data Entre as máximas políticas máis coñecidas de Barbosa, pódese lembrar "A peor das democracias é mil vezes preferível à melhor das ditaduras". "A abolição da escravidão, quer o governo queira, quer não queira, há de ser efetuada num futuro próximo" Ruy Barbosa en manifesto no xornal Radical Paulistano "Libertador de cativos, defensor de oprimidos, educador do povo, reformador da pátria, apóstolo de todas as causas liberais. O maior entre os seus, no seu tempo".A Vida de Ruy Barbosa (Para as Crianças do Brasil) - Pereira Reis Junior - 1949
En 1885, en plena campaña abolicionista, José do Patrocínio escribiu: "Deus acendeu um vulcão na cabeça de Ruy Barbosa".
Dúas semanas antes da abolición, o 30 de abril de 1888, Barbosa auguraba: "A gran transformación achégase ao seu termo". O 7 de marzo de 1889, Joaquim Nabuco afirma: “Evaristo, na prensa, fixo a Rexencia e Ruy fará a República”.
O 9 de xuño de 1889 declinou a invitación para incorporarse ao Gabinete de Ouro Preto. "Non podo ser membro dun ministerio que non toma a Federación como primeira reforma". En novembro dese mesmo ano, Benjamin Constant escribiu a Ruy o seguinte: "O teu artigo de hoxe, 'Plano contra a Pátria', fixo a República e convenceume da necesidade inmediata da revolución".
En 1890, D. Pedro II di: “Na escuridade que caía sobre o Brasil, a única luz que brilla, no fondo da nave, é o talento de Ruy Barbosa”. Tamén en 1890, foron postos en marcha os decretos de reforma bancaria, nos que foi criticado por Ramiro Barcelos, quen, anos máis tarde, se arrepentiu: "A vergoña da República foi que nós, os históricos, non entendiamos de inmediato a grandeza de Ruy".
Nunha viaxe a París, atopouse con D. Pedro II e díxolle: "Va Maxestade, perdóeme, eu non sabía que a República era así". En 1892, abandonou a bancada do Senado, logo de xustificalo nun discurso. Días despois, lanza un manifesto á nación no que di a famosa frase: "Coa lei, pola lei e dentro da lei; porque fóra da lei non hai salvación. Atrévome a dicir que este é o programa da República".
Desde Londres Ruy Barbosa, escribiu "E nacín xornalista, xornalista é o que son, como xornalista non me despedirán mentres haxa prensa, a prensa é libre...".
Joaquim Nabuco, no libro Minha Formação: "Ruy Barbosa é hoxe a máquina cerebral máis poderosa do noso país".
40x40px Academia Brasileira das Letras
Ruy Barbosa foi membro fundador da Academia Brasileira de Letras e escolleu a Evaristo da Veiga como patrón da Cátedra 10. Foi presidente da ABL de 1908 a 1919. Deputado Provincial - 1878 Deputado Geral - 1878 a 1881 Deputado Geral - 1882 a 1884 Ministro da Fazenda - 1889 a 1891 Senador - 1890 a 1892 Senador - 1892 a 1897 Senador - 1897 a 1906 Senador - 1906 a 1915 Senador - 1915 a 1921
Obras principais
Visita à Terra Natal 'Figuras Brasileiras Contra o Militarismo Correspondência de Ruy Mocidade e Exílio Castro Alves: Elogio do Poeta pelos Escravos, 1881 O Papa e o Concílio, 1877 O Anno Político de 1887 Relatório do Ministro da Fazenda, 1891 Finanças e Políticas da República: Discursos e Escritos,1893 Os Atos Inconstitucionais do Congresso e do Executivo ante a Justiça Federal, 1893 Cartas de Inglaterra, 1896 Anistia Inversa: Caso de Teratologia Jurídica, 1896 Posse dos Direitos Pessoais, 1900 O Código Civil Brasileiro, 1904 Discurso, 1904 O Acre Septentrional, 1906 Actes et discours. La Haye: W.P. van Stockum et Fils, 1907 O Brasil e as Nações Latino Americanas na Haia, 1908 O Direito do Amazonas ao Acre Septentrional, 1910 Excursão Eleitoral aos Estados da Bahia e Minas Gerais: Manifestos à Nação, 1910 Plataforma, 1910 Ruy Barbosa na Bahia, 1910 O Dever do Advogado, 1911BARBOSA, Rui. O dever do advogado. Carta a Evaristo de Morais; prefácio de Evaristo de Morais Filho. 3ª ed. rev. Rio de Janeiro : Edições Casa de Rui Barbosa, 2002. O Sr. Ruy Barbosa, no Senado, responde às insinuações do Sr. Pinheiro Machado, 1915 Problemas de Direito Internacional. Londres: Jas.Trucott&Son, 1916 Conferência. Londres: Eyre and Spottiswoode Ltda, 1917 Oswaldo Cruz, 1917 Oração aos Moços, 1920 O Processo do Capitão Dreyfus, 1895
Homenaxes miniatura|174x174px| Ruy Barbosa nunha moeda de cruzeiro de 20 centavos de 1953 miniatura|220x220px| Homenaxe filatélica (1964) Pouco despois da súa morte, o xurista bahiano João Mangabeira, o seu discípulo, pronunciou un discurso na súa honra e memoria. O 5 de novembro de 1924, Otávio Mangabeira, lembrando a data do seu nacemento, pronunciou o seguinte discurso:Ruy fixo o seu testamento político en forma de epitafio, que el mesmo escribiu para a súa pedra funeraria:No barrio de Flamengo, en Río de Xaneiro, unha rúa que leva o seu nome, Avenida Ruy Barbosa, que une a Praça Nicaragua coa Praça Cuauhtémoque.
No barrio de Heliópolis, en Garanhuns, unha rúa tamén leva o seu nome, a Avenida Ruy Barbosa, que é o segundo centro de comercio e servizos da cidade. Hai moitas rúas, avenidas, prazas e institucións culturais que levan o seu nome en todo o Brasil. miniatura| Estatuiña con Santos Dummont nun Serre-livre.
Outros recoñecementos Na celebración do primeiro centenario do seu nacemento en 1949, Barbosa foi homenaxeado coa inauguración do Foro Ruy Barbosa. A partir de entón, o edificio comezou a albergar os seus restos mortais, que foron trasladados desde Río de Xaneiro a Baía e onde permanecen ata hoxe, tal e como desexaba o xuíz Pedro Ribeiro. Nese momento, o escultor Mário Cravo Junior foi invitado a crear unha escultura, bautizada polo artista como Cabeça de Ruy Barbosa. Na solemne Sesión Conxunta do Congreso Nacional, interviñeron o deputado João Mangabeira e o senador Clodomir Cardoso.
Tamén en conmemoración do centenario do seu nacemento, o entón presidente da República Eurico Gaspar Dutra sancionou en 1949 a Lei nº 691, pola que se declaraba o 5 de novembro Dia de Festa Nacional. A lei instituíu unha medalla conmemorativa, outorgada a "autoridades, instituições e individualidades que concorram, por meritória cooperação e serviços relevantes, para o maior êxito e brilho das celebrações nacionais daquele Centenário".
En 1999, o Banco do Brasil celebrou o 150 aniversario do nacemento de Ruy Barbosa confeccionando camisetas, marcapáxinas e calendarios.
En 2007, un xurado invitado pola revista Época elixiu a Ruy Barbosa "O brasileiro máis grande da historia".
En 2013, o xornal bahiano A Tarde realizou unha enquisa cun xurado de 214 personalidades de diferentes ámbitos para elixir "O maior bahiano de todos os tempos". En total, sinalaron 122 personalidades como potenciais aspirantes ao título, e resultou elixido Barbosa.
En 2018 o seu nome foi inscrito no Libro de Aço dos heroes nacionais depositado no Panteón Tancredo Neves da Patria e da Liberdade."Livro de Herois e Heroínas da Pátria, mantido em Brasília, ganha 21 novos nomes". G1 DF, 12/12/2018
Sesións solemnes no Congreso Nacional O 10 de novembro de 1999, o Congreso Nacional celebrou unha sesión solemne conxunta en conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Ruy Barbosa. O 25 de novembro de 2019, o Senado brasileiro rendeu homenaxe ao escritor e político nunha sesión solemne para conmemorar o 170 aniversario do seu nacemento.
Representacións na cultura miniatura| Efigie de Ruy Barbosa nun billete de 10.000,00 Cr$ (dez mil cruzeiros)