Giulio Cesare Aranzi, nado en Boloña en 1530 e finado en 1589, tamén coñecido como Giulio Cesare Aranzio, Julius Caesar Aranzi e Arantius, foi un médico e anatomista italiano.

Traxectoria Traballou como mestre en Boloña e Padua e foi o médico persoal do papa Xulio III.

Foi unha figura moi relevante no campo da anatomía e describiu por primeira vez un gran número de peculiaridades anatómicas dos fetos, en particular o conduto de Aranzi que une a vea umbilical e a vea cava inferior. É pioneiro nas descricións anatómicas en relación cos procesos patolóxicos.

Traballos publicados

De humano foetu opusculum, Roma, 1564; 32: De formato foetu. Bononiae, J. Rubrius, 1564; Venecia, 1571; Basilea, 1579. De tumoribus secundum locus affectum. Boloña, 1571. In Hippocrates librum de vulneribus capitis. Leiden, 1580. Observationes anatomicae. Basilea, 1579; Venecia 1587.

Estes traballos foron publicados xuntos en 1587 en Venecia:

De tumoribus prater naturam secundum locos affectus liber. De humano foetu liber. Anatomicarum observationum liber.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Who Named It?

Categoría:Biólogos de Italia Categoría:Alumnos da Universidade de Padua Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña Categoría:Anatomistas