O Premio Álvaro Cunqueiro de Novela foi convocado en 2022 polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Editorial Galaxia, coa finalidade de honrar a memoria do escritor Álvaro Cunqueiro e, asemade, axudar á promoción da escrita literaria en lingua galega e á divulgación das súas autoras e autores.

Deben ser obras orixinais e inéditas, a dotación é de 9000 € e a obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia.

Obra premiada

2022 (I): Hotel Carioca de Antón Riveiro Coello. 2025 (II): Elas dúas de Luís Rei Núñez

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa

Alvaro Cunqueiro de narrativa Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Álvaro Cunqueiro