Antonio Ángel Custodio Sergio Alejandro María de los Dolores Reina de los Mártires de la Santísima Trinidad y de Todos los Santos, coñecido como Antonio Gala Velasco, nado en Brazatortas (Cidade Real), o 2 de outubro de 1930A biografía publicada na web de El Mundo, xornal en que o autor colaboraba, dá como lugar de nacemento Brazatortas e como data de nacemento 1930.A biografía na web Lecturalia dá como data de nacemento o 2 de outubro de 1936 en Brazatortas, provincia de Cidade Real. e finado en Córdoba o 28 de maio de 2023, foi un poeta, dramaturgo, novelista, guionista e articulista español.
Traxectoria Naceu e viviu a súa infancia en Brazatortas (Cidade Real) até os 9 anos. En 1939 a familia trasladouse a Córdoba, onde Antonio escribiu as súas primeiras obras. Con 14 anos impartiu unha conferencia no Real Círculo da Amizade, Liceo Artístico e Literario da cidade.Biografía na Fundación Antonio Gala, web citada.
Lector precoz de Rainer Maria Rilke, Garcilaso, San Xoán da Cruz e outros autores, estudou desde os 15 anos a carreira de Dereito na Universidade de Sevilla. Como alumno libre cursou Filosofía e Letras, Ciencias Políticas e Económicas na Universidade de Madrid. En todas elas obtivo licenciaturas.
Ao acabar os seus estudos universitarios, iniciou a preparación de oposicións ao Corpo de Avogados do Estado. Abandonou o proceso no que el lembra como un xesto de rebeldía ante a presión do seu pai, para ingresar despois nos cartuxos. Porén, a ríxida disciplina monástica non estaba feita para el e, como conta na súa autobiografía, Ahora hablaré de mí (2000), foi expulsado da orde.
Mudouse entón a Portugal, onde levou unha vida bohemia. En 1959 comezou a impartir clases de Filosofía e Historia da arte e recibiu un accésit do Premio Adonáis de Poesía pola súa obra Enemigo íntimo. Empezou unha exitosa carreira teatral e xornalística que lle posibilitou desde 1963 vivir só da escritura. A mediados de 1962 marchou a Florencia (Italia), onde permaneceu case un ano. Nese tempo publicou na revista mensual Cuadernos hispanoamericanos poemas do seu libro La deshonra.
En 1973 sufriu en Madrid unha perforación do duodeno que case lle custa a vida. Durante a convalecencia empezou a utilizar caxato, obxecto de que reuniu xa uns 3000 exemplares, agasallos de amigos e admiradores.
Publicou artigos no suplemento dominical de El País, desde a súa fundación en 1976 até 1998, como «Charlas con Troylo», «A los herederos» ou «A quien conmigo va». Todos estes artigos foron despois recompilados en libros.
Comezou a escribir novelas na década de 1990. Coa primeira delas, El manuscrito carmesí, obtivo o Premio Planeta en 1990.
Tamén colaborou no diario El Mundo entre 1992 e 2015 con artigos de opinión breves publicados na súa columna «La Tronera». O seu ritmo de creación e publicación literaria descendeu paulatinamente. De feito, en varias ocasións deu a entender que El pedestal de las estatuas sería a súa última novela.
Creou a Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores, dedicada a apoiar o labor de artistas novos.
O 14 de decembro de 2011 recibiu o Premio Quijote de Honra a toda unha vida, concedido pola Asociación Colegial de Escritores de España (ACE).
O 5 de xullo de 2011 o escritor fixo público na súa columna de El Mundo que padecía «un cancro de difícil extirpación». En febreiro de 2015, durante unha homenaxe en Málaga polo seu nomeamento como Fillo Adoptivo e a entrega da Medalla da cidade, manifestou estar libre xa dunha doenza que soportou «máis tempo do debido» e afirmou que o equipo médico do Hospital Reina Sofía de Córdoba declararao «libre do cancro».
Ideoloxía Durante o período coñecido como Transición española (aproximadamente entre 1976 e principios de 1981) defendeu publicamente posturas de esquerda non enmarcadas en ningún partido político. En 1978 reivindicou a autonomía para Andalucía na apertura do Congreso de Cultura Andaluza en Córdoba.
En 1981 foi nomeado presidente da Asociación de Amistad Hispano-Árabe, cargo que desempeñou nos primeiros anos da existencia desta. Daquela formou parte tamén da Sociedad de Amistad España-URSS, subvencionada polo goberno soviético.
En 1985 foi denunciado por un militar por inxurias e ofensas ao exército español no seu artigo Soldadito español, publicado no diario El País en maio dese ano. Porén, o caso foi desestimado.
Foi presidente da plataforma cívica que propugnaba o "non" á permanencia de España na OTAN no referendo que se celebrou en marzo de 1986.
Ten publicado en El Mundo artigos moi críticos co Estado de Israel que foron tachados de antisemitas. En 2014 a Comunidade Xudía de Madrid querelouse contra el por discriminación, incitación ao odio, ofensa aos sentimentos dos membros dunha comunidade relixiosa e inxurias por mor do artigo ¿Los elegidos?.
Obra miniatura|Antonio Gala na Feira do Libro de Madrid de 2007 Gala é un autor de grande éxito nos xéneros que cultiva: teatro, columnismo, novela ou lírica. O seu é un estilo moi elaborado no formal, con abondosas imaxes e recursos líricos. Amais, inclúe críticas a personaxes da actualidade ou a personaxes históricos.
As súas obras están marcadas por temas históricos, máis para iluminar o presente que para afondar no pasado. A obra teatral de Gala foi máis apreciada polo público que por parte da crítica. Esta atopa dificultade ao clasificala debido ao carácter lírico e épico do seu traballo. Ten colaborado, amais, en series televisivas.
A incursión de Gala na novela foi máis tardía en comparación co teatro. Porén, obtivo un éxito destacado con obras como El manuscrito carmesí, La regla de tres ou La pasión turca. Esta última foi adaptada ao cine polo director español Vicente Aranda.
Teatro
Los verdes campos del Edén, 1963 El caracol en el espejo, 1964 El sol en el hormiguero, 1966 Noviembre y un poco de hierba, 1967 Spain's strip-tease, 1970 Los buenos días perdidos, 1972 ¡Suerte, campeón!, 1973 Anillos para una dama, 1973 Las cítaras colgadas de los árboles, 1974 ¿Por qué corres, Ulises?, 1975 Petra regalada, 1980 La vieja señorita del paraíso, 1980 El cementerio de los pájaros, 1982 Trilogía de la libertad, 1983 Samarkanda, 1985 El hotelito, 1985 Séneca o el beneficio de la duda, 1987 Carmen, Carmen, 1988 Cristóbal Colón, 1989 La truhana, 1992 Los bellos durmientes, 1994 Café cantante, 1997 Las manzanas del viernes, 1999 Inés desabrochada, 2003
Poesía
Enemigo íntimo, 1959 11 sonetos de La Zubia, 1981 27 sonetos de La Zubia, 1987 Poemas cordobeses, 1994 Testamento andaluz, 1994 Poemas de amor, 1997 El poema de Tobías desangelado, 2005 Desde el Sur te lo digo, ed. de Pedro J. Plaza, 2019
Artigos
Texto y pretexto, 1977 Charlas con Troylo, 1981 En propia mano, 1985 Cuadernos de la Dama de Otoño, 1985 Dedicado a Tobías, 1988 La soledad sonora, 1989 Proas y troneras, 1993 El águila bicéfala, 1993 Córdoba de Gala, 1993 A quien conmigo va, 1994 Andaluz, 1994 Carta a los herederos, 1995 Troneras, 1996 La casa sosegada, 1998 Quintaesencia, 2012 (aforismos)
Narrativa
El manuscrito carmesí, 1990 (novela) La pasión turca, 1993 (novela) Siete cuentos, 1993 (relatos) Granada de los nazaríes, 1994 (novela) Más allá del jardín, 1995 (novela) La regla de tres, 1996 (novela) El corazón tardío, 1998 (relatos) Las afueras de Dios, 1999 (novela) Ahora hablaré de mí, 2000 (autobiografía) El imposible olvido, 2001 (novela) Los invitados al jardín, 2002 (relatos) El dueño de la herida, 2003 (relatos) El pedestal de las estatuas, 2007 (novela) Los papeles de agua, 2008 (novela)
Guións de televisión
Y al final esperanza, 1967 Cantar del Santiago para todos, 1971 Si las piedras hablaran, 1972 Paisaje con figuras, 1976 Trece noches, 1999
Premios e galardóns
Accésit do Premio Adonais de Poesía por Enemigo íntimo (1959) Premio Las Albinas polo relato Solsticio de verano (1963) Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca pola comedia Los verdes campos del edén (1963) Premio Cidade de Barcelona de teatro por Los verdes campos del edén (1965) Premio Mayte de teatro por Los buenos días perdidos (1973) Premio César González Ruano de xornalismo por Los ojos de Troylo (1975) Medalla de Castela-A Mancha Doutor honoris causa pola Universidade de Córdoba (1982) Libro de Oro dos Libreiros Españois (1984) Fillo Predilecto de Andalucía (1985) Premio Andalucía das Letras (1989) Premio León Felipe aos valores cívicos (1989) Premio Planeta de novela por El manuscrito carmesí (1990) Premio da Fundación Ibn al-Jatib de Estudios e Cooperación Cultural, dependente do Concello de Loja, Granada (2005) Premio Don Quijote de Honor (2011) Premio das Letras Andaluzas Elio Antonio de Nebrija (2011) Fillo Adoptivo de Málaga (2015) Premio Turismo de Granada (2015) Premio Nacional de Teatro Pepe Isbert (2020)
Recoñecementos
A Biblioteca Municipal do municipio cordobés de Guadalcázar leva o nome do escritor, quen a inaugurou en 2011. En 2021 inaugurouse en Alhaurín el Grande a Casa-Museo de Antonio Gala «La Baltasara». O autor fixouna como residencia de verán desde a década de 1980 e serviulle como refuxio para escribir gran parte da súa obra.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Antonio Gala Antonio Gala no programa de La 2 A fondo, con Joaquín Soler Serrano. Antonio Gala no programa de TVE Imprescindibles. GALA, Antonio: Impromptu de Nochevieja. Representación ofrecida por TVE na emisión do 1 de xaneiro de 1970 de Pequeño estudio, con dirección de Gabriel Ibáñez e actuación de Elvira Quintillá, Ángel Picazo, Ángela María Torres e Pablo Sanz.
Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Novelistas de Castela-A Mancha Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Dramaturgos de España Categoría:Poetas de España Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores de Castela-A Mancha Categoría:Novelistas de Andalucía Categoría:Dramaturgos en lingua castelá Categoría:Finados en 2023 Categoría:Poetas de Andalucía