miniatura|240x240px|Estigmatización de san Francisco, por Giotto Na fe cristiá, os estigmas (do latín stigma, e este á súa vez do grego στίγμα) son sinais ou marcas que aparecen de forma espontánea no corpo dalgunhas persoas, case sempre místicas extáticas. Isto probaría que se trata da relixión dun Deus verdadeiro, que crea e inflúe no universo e socorre á humanidade. O concepto puido xurdir debido a que na antigüidade os servidores eran marcados como sinal de propiedade.
Estas feridas son similares ás sufridas por Xesús de Nazaret durante a súa crucifixión segundo a iconografía cristiá tradicional, e van precedidas e acompañadas de tormentos físicos e morais. «A ausencia de tales padecementos —advirte Tanquerey— sería moi mal sinal, porque os estigmas non son senón o símbolo da unión con Cristo e a participación nos seus sufrimentos.» Adoitan aparecer nas mans, os pés e o costado dereito, e ás veces na cabeza e nas costas, o que lembra a coroación de espiñas e os lategazos sufridos por Xesús de Nazaret.
As diversas confesións cristiás diferencian as estigmatizacións de orixe sobrenatural (por don divino ou por intervención diabólica) das de orde natural, causadas polo suxeito que as porta (de xeito intencional ou por razóns de orixe psicosomática). Mediante procesos como a hipnose conseguíronse fenómenos similares á estigmatización. Porén, difiren na súa instantaneidade e no desexo da súa constatación á vista dos demais. «É un feito perfectamente comprobado que, na maioría dos casos, os estigmas producíronse instantaneamente estando a alma polo común en [...] oración contemplativa; de tal maneira que un minuto antes non existían os estigmas e un minuto despois aparecen todos perfectamente caracterizados.» «A teoría racionalista de que os estigmatizados desexaron ardentemente recibir as chagas para parecérense a Xesucristo crucificado non resiste a análise da máis elemental crítica histórica. Todos os que recibiron sobrenaturalmente os sinais [...] da crucifixión, recibíronas con verdadeira sorpresa. A maioría espantouse de tal favor, suplicou a Deus insistentemente [...], non que lles retirase a dor que sentían, mais si que fixese desaparecer os sinais visíbeis que tanto os dignificaban. Os que, como san Francisco de Asís, conservaron toda a súa vida os estigmas, fixeron todo o posíbel para agochalos á vista dos demais.»
Tipos A Igrexa católica, cando os considera auténticos e froito do don divino, afirma que son participación do sufrimento de Xesús. Recoñece algo máis de trescentos casos de persoas estigmatizadas, visíbeis ou non, sanguentos ou non, permanentes ou non. «O Dr. Imbert-Gourbeyre, quen estudou o fenómeno, sinala nominalmente até 321 casos (La estigmatización, París, 1984) [...] Dos 321 [...], 62 foron canonizados; 41 son homes e 28 son segrares». Os estigmas invisíbeis, segundo a Igrexa católica, poden producir tanta dor coma os visíbeis.
O tipo de feridas reflicte a súa correspondencia coa Paixón de Jesús a través dos seguintes sinais:
Nas mans ou pulsos, similares aos causados por cravos. Nos pés, similares aos causados por cravos. Na cabeza, similares aos provocados pola coroa de espiñas. Nas costas, similares aos do látego. Nun costado, polo xeral no esquerdo, similar ao causado por unha lanza.
Casos de estigmatización miniatura|O Padre Pío de Pietrelcina cos estigmas das mans expostos. Malia adoitar levar as mans cubertas, os seus superiores pedíronlle en ocasións que as descubrise para as feridas poderen fotografarse. Ao longo da historia documentáronse casos de persoas que, sen causa aparente, padeceron estigmas. Adoita considerarse a san Francisco de Asís como o primeiro estigmatizado. Porén, o primeiro caso na historia foi o da beata beguina María de Oignies, doce anos antes. Con todo, dito caso pasou practicamente inadvertido.
As persoas católicas que recibiron estigmas e foron recoñecidas como santas ou iniciado o proceso de canonización son as seguintes:
San Francisco de Asís, chamado por algúns «o segundo Xesucristo» por ser o primeiro home en recibilos Santa Catarina de Siena San Pío de Pietrelcina Santa Rita de Cascia Santa Xema Galgani Santa Margarita Bays Santa Mariam Thresia Chiramel. Santa Verónica Giuliani, denunciada pola súa propia abadesa ante a Inquisición Santa Mariam Baouardy, carmelita descalza que tivo numerosas experiencias místicas. Morreu en Belén Santa Catarina de Ricci, dominica terciaria Beata Ana Catalina Emmerick, agostiña que tivo visións da paixón de Xesús. Beata María de Oignies, a primeira en recibir os estigmas. Beata María da Encarnación, coñecida como a nai do Carmelo en Francia. Beata Lucía de Narni Venerábel Marthe Robin Venerábel Teresa Neumann Serva de Deus María Esperanza de Bianchini Serva de Deus Teresa Helena Higginson, mestra inglesa da época vitoriana. Serva de Deus Luisa Piccarreta Serva de Deus Natuzza Evolo
Existen feitos referidos ás chamadas "estigmatizacións verdadeiras" para os cales non se atopou unha explicación científica até o momento:
Mentres que as feridas comúns cicatrizan en persoas sen problemas de coagulación do sangue, a medicina non logra ningún tratamento para a curación dos estigmas. A diferenza das feridas naturais de certa duración, os estigmas non emiten cheiros fétidos, cunha soa excepción coñecida. Santa Rita de Casia recibiu na fronte unha ferida causada por unha espiña da coroa de Xesús crucificado. Malia o cheiro repulsivo, a ferida nunca supurou nin causou ningunha alteración mórbida dos tecidos. Porén, o cadáver de santa Rita emitía unha intensa fragrancia doce. Ás veces as feridas emitían aromas exquisitos, como nos casos das beatas Juana de la Cruz, abadesa franciscana do convento de Cubas de la Sagra, e Lucía Brocadelli de Narni, mística italiana.
A estigmatización de san Francisco de Asis O caso de san Francisco de Asís destaca pola cantidade de testemuñas, uns poucos en vida pero en maior número logo da súa morte, que corroboraron a súa veracidade. En vida, o irmán León (a quen Francisco lle dedicou o seu texto Bendición a frei León), foi un dos que acompañaron a Francisco ao monte Alvernia en agosto de 1224. Alí, segundo os escritos de Boaventura de Bagnoregio e outros documentos da época, o «pobre de Asís» recibiu os «estigmas de Cristo» para logo escribir nun anaco de pergamiño as Laudes Dei altissimi («Loanzas ao Deus Altísimo»). Frei León foi a única testemuña dos momentos previos á estigmatización de san Francisco.
Ao final da vida de Francisco, cando o seu corpo era xa un refugallo humano, o santo confioulles o coidado da súa persoa a catro das súas persoas máis próximas, que lle merecían un amor singular. Unha delas foi o irmán León, a quen lle permitía tocar as chagas ao lle cambiar as vendas ensanguentadas, o cal era para Frei León un gozoso e á vez doloroso rito. Francisco, celoso de que ninguén se decatase dos seus estigmas (un privilexio de que se consideraba a si mesmo indigno), chegou a ter co irmán León esta delicadeza excepcional. Mesmo nunha ocasión colocou a súa man chagada sobre o corazón do frei.
Morte Francisco foron numerosas as testemuñas que viron as chagas. Así relatou san Boaventura de Bagnoregio a verificación das chagas despois da súa morte:
Casos de estigmatizacións "falsas" Tamén houbo casos de estigmatizacións falsas, coma a de Magdalena de la Cruz, abadesa do convento de santa Isabel de Córdoba, quen admitiu a súa propia fraude. Magdalena, natural de Aguilar de la Frontera (Córdoba) e muller de relixión con renome de santidade, fíxose soada en toda España despois de, polo visto, prognosticar a vitoria na Batalla de Pavia (1525) e o encarceramento de Francisco I de Francia. Sabela de Portugal, esposa de Carlos I de España, disque vestiu o seu primoxénito, o futuro Filipe II de España, co hábito da abadesa.
Magdalena da Cruz acabou por comparecer nun solemne auto de fe o 3 de maio de 1546 e confesou simular un elevado número de simulacros de éxtase e milagres. Os inquisidores de Córdoba, con todo, conmutáronlle a pena de morte na fogueira pola reclusión perpetua nun convento de Andújar (Xaén).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Milagre
Ligazóns externas Fenómenos ocorridos a algúns santos . Estigmas na Enciclopedia Católica Os estigmas de Santa Gemma Galgani Os estigmas do Pai Pío e Falsos os estigmas do Pai Pío? en periodistadigital Estigma no Dicionario Católico
Categoría:Misticismo Categoría:Igrexa católica Categoría:Espiritualidade Categoría:Xesús de Nazaret