José Lage Lage, nado en Foncuberta (Maceda) o 18 de xuño de 1938 e finado en Ourense o 9 de decembro de 2007, foi un economista e político galego.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona e foi presidente do consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense. Foi concelleiro en Maceda, deu o salto ao Concello de Ourense, sendo concelleiro responsable de Tráfico. Entre 1981 e 1985 foi deputado no Parlamento de Galicia de man da UCD. No ano 1989 foi reelixido deputado, desta volta da man do PPdG, estando no parlamento ata 1996.

Foi delegado en Ourense da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (1997-2003) e da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (2003-2005). Xubilouse no ano 2005. A mediados de outubro de 2007 sufriu un grave accidente de tráfico, do que xa non logrou recuperarse. Os seus restos repousan no camposanto da súa parroquia natal.

Vida persoal

Casou con Raquel Vidal Docampo e tiveron dous fillos. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Maceda Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2007

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Maceda Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia