Gauteng é unha das nove provincias que forman a República de Suráfrica. A súa capital é Johannesburgo.
Está situada ao noroeste do país, limitando ao norte con Limpopo, ao leste con Mpumalanga, ao sur co Estado Libre e ao oeste con Noroeste.
Antigamente formaba parte da provincia de Transvaal, até as eleccións multirraciais do 27 de abril de 1994. Ao principio chamouse Pretoria-Witwatersrand-Vereeniging (PWV) pero en decembro dese ano recibiu o nome actual.
Situada no corazón do Highveld (Alto Veld), Gauteng é a provincia máis pequena do país, con só un 1,4 % da súa superficie, pero está altamente urbanizada.
O nome Gauteng provén da lingua sesotho,General Overview of Gauteng" (PDF). Makiti Guides and Tours (Pty) Ltd. e significa "Terra do ouro", en referencia á minaría deste metal precioso que se instalou na zona tras o descubrimento de 1886 en Johannesburgo. A frase en sesotho deriva do vocábulo en lingua afrikaans "goud" (ouro) máis o sufixo de lugar "-ng".About Gauteng". Gauteng Provincial Government.
Xeografía Situada a unha altitude media de 1 652 msnm, a superficie da provincia é de 18 176 km<small>2</small>. Census 2011: Census in brief (PDF). Pretoria: Statistics South Africa. 2012. ISBN 978-0-6214-1388-5.
Segundo o censo de 2011, a súa poboación era de 12 272 263 habitantes.Mid-year population estimates, 2021 (PDF) (Report). Statistics South Africa. 19 de xullo de 2021, p. 3., polo que a súa densidade de poboción nese ano era de 680 hab./km² (a maior de Suráfrica), estimándose que en 2022 sexa de 16 100 000.
Linguas miniatura|200px|Densidade de poboación Segundo o censo de 2011, en Gauteng as linguas máis faladas eran:
Grupos étnicos Linguas Negros 73,8 % Zulú 21,5 % Brancos 19,9 % Afrikaans 14,4 % Mestizos 3,8 % Sotho do sur 13,1 % Asiáticos 2,5 % Inglés 12,5 %
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Goberno provincial. Páxina oficial . Turismo de Gauteng .
Categoría:Xeografía de Suráfrica