miniatura|alt=pedras cincentas alongadas de varios metros estendidas nun pardo inclinado|Pedras de sarsen, reserva natural de Fyfield Down (Wiltshire)

As pedras sarsen son moles de pedra areenta do Reino Unido en Salisbury Plain e Marlborough Downs en Wiltshire, en Kent e en pequenas cantidades en Berkshire, Essex, Oxfordshire, Dorset e Hampshire. Son os restos posglaciais dunha capa de silicio cenozoico que cubriu antigamente gran parte do sur de Inglaterra. É unha rocha densa e dura creada a partir de area unida por un cemento de sílice, o que a converte nunha especie de arenito silicificado.Sarsen stones in Winchester na web de viaxes The City of Winchester, Hampshire (en). Crese que isto se formou durante a meteorización do Neóxeno no Cuaternario, pola silicificación dos sedimentos do Grupo Lambeth do Paleoceno Superior como resultado da lixiviación aceda.

Etimoloxía A palabra «sarsen» é unha adaptación de «pedra saracen», do dialecto Wiltshire. Saracen era un nome común para os musulmáns e chegou a ser utilizada para todo o que non se consideraba cristián, xa fose musulmán, pagán, celta ou doutra orixe.

Usos Os construtores de Stonehenge utilizaron estas pedras para a chamada Pedra do Talón e o Círco de Sarsen.Bruce Bedlam The stones of Stonehenge AveburyStone ring of Avebury na web World Pilgrimage Guide (en). e moitos outros monumentos megalíticos en Inglaterra do sur tamén están construídos con pedras de sarsen.

Para romper a pedra en pezas dunha medida adecuada para o seu uso na construción, empregouse inicialmente lume e posteriormente explosivos. Con todo, as pedras de sarsen non son un material de edificación ideal. William Stukeley escribiu que este material está «sempre húmido no inverno, o que fai que estea mollado e danado, e podrece o mobiliario».

No caso de Avebury, os investidores que apoiaron un plan para reutilizar a pedra, arruináronse cando resultou que as casas que construíran eran imposíbeis de vender e tamén propensas a incendiarse. A pesar destes problemas, as pedras de sarsen eran moi apreciadas pola súa durabilidade, especialmente para chanzos e pedras de bordo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Stonehenge Stonehenge, Avebury e sitios relacionados

Ligazóns externas Foto de Sarsens en Fyfield Down, Wiltshire

Categoría:Monumentos megalíticos Categoría:Mineraloxía