Xosé Meixide González, nado en 1916 e finado en Vigo o 16 de xullo de 1994, foi un mestre e promotor cultural galego.
Traxectoria Membro das Mocedades Galeguistas. Nomenado mestre en prácticas como alumno do cuarto curso do Grao Profesional no Grupo Escolar Curros Enríquez de Ourense en setembro de 1935.Galicia, 21-9-1935, p. 6. Foi nomeado mestre de Bentraces en marzo de 1937.La Región, 6-3-1937, p. 2. O 22 de xullo de 1945 integrouse no Comité Executivo do Partido Galeguista na clandestinidade xunto con Manuel Gómez Román (como Secretario Xeral), Cesáreo Saco, Xaime Isla Couto, Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro. Entrou como socio en SEPT en marzo de 1947 para reforzar a dirección e marcha da oficina canda Celso Collazo, que foi responsable da organización e das vendas. Foi membro fundador da Editorial Galaxia e integrante do seu primeiro comité executivo. Finou en Vigo o 16 de xullo de 1994.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-7-1994, p. 73. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pensar y crear Galaxia, los inicios de una empresa cultural gallega que cumple setenta años
Categoría:Políticos de Galicia
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Editorial Galaxia