Raimo Heino, nado en Helsinqui o 13 de setembro de 1932 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1995, foi un escultor e deseñador de moedas finlandés.

Traxectoria

Raimo Heino cursou estudos artísticos na Escola Libre de Arte entre 1953 e 1956, na escola da Academia Finlandesea de Belas Artes entre 1954 e 1957,"Heino, Raimo". Uppslagsverket.fi e no Instituto Finlandés de Arte e Deseño entre 1962 e 1963."Curriculum Vitae". Suomen Taiteilijaseura / Artists' Association of Finland (o CV só dispoñible na versión finesa)."Heino, Raimo". En Kuka kukin on (Aikalaiskirja) / Who's who in Finland. 1978. Páxina 201. ISBN 951-1-04755-8 En 1963 habilitouse como profesor de Debuxo na Escola Industrial de Arte.

Heino exerceu tamén a docencia no ensino secundario (1960-1968), na escola da Academia Finlandesa de Belas Artes (1969-1971) e na Universidade Tecnolóxica de Tampere.

A disciplina na que máis sobresaíu Heino foi a medallística, e tamén cultivou a escultura en miniatura. Á súa autoría débenselle 216 medallas, creadas cun estilo moi persoal, entre o realismo e o humorismo.

Tamén é autor de traballos escultóricos en exteriores e algúns relevos en bronce en edificios públicos.

No ámbito da moeda, Heino foi elixido polo Banco de Finlandia e pola Casa da Moeda de Finlandia para deseñar o anverso nacional da moeda de dous euros, que comezou a cuñarse en 1999. O seu deseño desta moeda caracterízase por dúas bagas con flores da coñecida como "amora ártica", característica do norte de Finlandia.Moedas deseñadas por Raimo Heino. Numista.com

Heino participou coa súa obra en exposicións internacionais nas cidades de Rostock (1967), Talín (1968), Budapest (1978), Varsovia (1979), Viena (1971), Estocolmo (1976), Odesa (1979), e Leningrado, Moscova, Riga e Berlín (1985).

Heino foi un dos fundadores en 1965 do Gremio da Medalla de Arte de Finlandia, e tamén presidiu a Comisión Estatal de Artes Visuais (1977-1979), o Gremio de Artistas de Finlandia (1970-1972 e 1974-1977) e a Unión de Escultores (1973-1974).

Entre os recoñecementos á súa traxectoria máis salientables están a Orde das Artes e das Letras de Francia, en 1983, e a Medalla Pro Finlandia en 1985.

Vida persoal Raimo Eino era fillo de Aune Ellen Hellqvist e de Paavo Johannes Heino. En 1957 casou coa pintora Marja Kuoppamäki.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Escultores de Finlandia Categoría:Personalidades sen imaxes