Serie ordinaria das 200 liras italianas "200 Lire". Numista.com"200 Lire (Lavoro)". Colnect.com120x120px120x120pxA/: Cabeza feminina cara á dereita. Marca de gravador no exergo. Lenda: REPVBBLICA ITALIANAR/: Valor facial dentro dunha engrenaxe. Marca de ceca (R). Data no exergo. Lendas: 200 LIRE País: República Italiana. Datas: 1977-2001. Ceca: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. Deseñador: Mario Vallucci. Tiraxe total: 1.585.129.000 exemplares. Metal: bronzital. Diámetro: 24,00 mm. Peso: 5,00 g. Espesor: 1,64 mm. Canto: estriado.
A moeda de 200 liras italianas foi cuñada polo Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato, a ceca pública de Roma, desde 1977 a 2001, cando a lira italiana foi substituída polo euro.
Paralelamente á súa emisión ordinaria, a partir de 1980 fóronse pondo tamén en circulación versións conmemorativas desta moeda, con idénticas características métricas mais con deseños específicos.
A aliaxe coa que se cuñou esta moeda, coñecida polo acrónimo bronzital (de bronzo italiano), está composta por un 92 % de cobre, un 6 % de aluminio e un 2 % de níquel.
Emisión ordinaria A moeda estándar de 200 liras italianas foi deseñada e gravada polo artista italiano Mario Vallucci. No seu anverso presenta a figura dunha muller con cabelo longo mirando cara á dereita, representación alegórica da Liberdade e da nación italiana. No reverso reprodúcese como motivo central unha engrenaxe de dentes cadrados, como símbolo do traballo.
Esta moeda cuñouse entre 1977 e 1998 con algunhas interrupcións puntuais nos últimos anos. A súa tiraxe total superou os 1.500 millóns de exemplares.
Tiraxes anuais Estas son as cantidades de exemplares cuñados da emisión ordinaria da moeda de 200 liras italianas desde a súa creación en 1977 ata a súa derradeira emisión en 1978: DataExemplares197715.900.0001978461.034.0001979437.325.0001980105.690.000198172.500.000DataExemplares19829.500.000198320.000.000198410.000.000198515.000.000198615.000.000DataExemplares198726.180.000198837.000.000199170.000.0001995170.000.0001998120.000.000 Nos anos 2000 e 2001 houbo tamén emisión desta moeda, mais non para a súa posta en circulación senón para a súa inclusión en carteiras e estoxos de presentación, dirixidos ao mercado do coleccionismo. As súas tiraxes eses anos foron de 70.360 e 110.000 exemplares, respectivamente.
Emisións conmemorativas circulantes miniatura|240x240px|200 liras (1980): FAO - Montessori."200 Lire FAO". Numista.com"200 Lire (F.A.O. Montessori)". Colnect.com
FAO - Montessori Ano: 1980 Motivo: Ano Internacional da Muller da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). Anverso: busto de Maria Montessori lixeiramente cara á dereita. Gravador: Sergio Giandomenico. Lenda: REPUBBLICA ITALIANA. Reverso: muller sentada lendo un libro nos xeonllos, cun cativo ás súas costas e unha pa debaixo (maternidade e traballo). Ao fondo, meridianos e paralelos, para simbolizar o mundo. Gravador: Sergio Giandomenico. Lenda: VALORIZZAZIONE DELLA DONNA / FAO / Lire 200. Tiraxe: 48.500.000 exemplares. miniatura|240x240px|200 liras (1981): Fao - Villa Lubin."200 Lire FAO - World Food Day". Numista.com"200 Lire (F.A.O. Villa Lubin)". Colnect.com
FAO - Villa Lubin Ano: 1981 Motivo: Día Internacional da Alementación (16 de outubro) da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). Anverso: fachada principal do edificio Villa Lubin, en Roma, sede central do Instituto Internacional da Agricultura. Gravador: Guido Veroi. Lenda: REPUBBLICA · ITALIANA. Reverso: muller nova con cabelo longo e vestido floreado corre cara á esquerda, sostendo cos dous brazos nas súas costas unha cornucopia chea de froitos e pólas de trigo, esparexendo sementes. Gravador: Guido Veroi. Lenda: GIORNATA MONDIALE DELL' ALIMENTAZIONE / 16 OTT. / L. 200 Tiraxe: 45.207.600 exemplares. miniatura|240x240px|200 liras (1989): Arsenal Militar de Tarento."200 Lire Taranto Naval Arsenal". Numista.com"200 Lire (100th Anniversary of Arsenal Taranto)". Colnect.com
Arsenal Militar de Tarento Ano: 1989 Motivo: centenario do arsenal militar de Tarento, na rexión de Puglia. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: vista do barco "Amerigo Vespucci", con tres paus, que navega cara á esquerda, con edificios do arsenal de Tarento ao fondo: un castelo á dereita e pontes á esquerda. Encima as datas do aniversario 1889-1989. Gravador: Sergio Grossi. Lenda: CENTENARIO DELL’ARSENALE MILITARE MARITTIMO DI TARANTO / L. 200. Tiraxe: 42.009.260 exemplares miniatura|240x240px|200 liras (1990): Consello de Estado."200 Lire State Council". Numista.com"200 Lire (100th Anniversary of the Council of State)". Colnect.com
Consello de Estado Ano: 1990 Motivo: centenario do establecemento da Sección IV do Consello de Estado italiano en 1890. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: vista da fachada principal do Palacio Spada, en Roma, sede do Consello de Estado, co seu nome gravado na base. Encima, as datas do aniversario: 1890-1990. Gravador: Eugenio Driutti. Lenda: CONSIGLIO DI STATO / IV SEZIONE / 1890 1990 / PALAZZO SPADA. / L. 200. Tiraxe: 64.509.400 exemplares. miniatura|240x240px|200 liras (1992): Exposición Xénova 92."200 Lire Philatelic Exhibition - Genoa'92". Numista.com"200 Lire (Philathelic and Numismatic Exposition)". Colnect.com
Xénova 92 Ano: 1992 Motivo: Exposición Internacional de Filatelia Temática de Xénova. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: círculo dividido en dous semicírculos. No superior, tres velas sobre un fondo de liñas paralelas; no inferior tres ondas estilizadas e o nome da exposición. Gravador: Sergio Grossi. Lenda: ·ESPOSIZIONE MONDIALE DI FILATELIA TEMATICA · / L. 200 / GENOVA `92 Tiraxe: 100.009.500 exemplares. miniatura|240x240px|200 liras (1993): 70 aniversario da aviación militar."200 Lire Military Aviation". Numista.com"200 Lire (70th Anniversary of Military Aviation)". Colnect.com
Aviación militar Ano: 1993 Motivo: 70º aniversario da aviación militar italiana. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: círculo dividido en catro cuarteis, cos símbolos dos catro escuadróns creados durante a I guerra mundial: no primeiro, un grifón rampante; no segundo, unha quimera; no terceiro, un trevo de catro follas; e no cuarto, o león de San Marcos. Deseñador: Luciano Zanelli. Gravador: Sergio Grossi. Lenda: 70° AERONAUTICA MILITARE 1923-1993 / L. 200. Tiraxe: 170.008.500 exemplares miniatura|240x240px|200 liras (1994): Bicentenario dos Carabineiros."200 Lire Arm of Carabinieri". Numista.com"200 Lire (180th Anniversy of the Carabinieri)". Colnect.com
Arma dos Carabineiros Ano: 1994. Motivo: 180 aniversario da fundación da Arma dos Carabineiros. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: símbolo dos Carabineiros: unha granada heráldica cunha lapa de trece puntas, co monograma RI (República Italiana). Debaixo os anos do aniversario en números romanos e unha cartela co lema do corpo, NEI SECOLI FEDELE. Deseñador: Luciano Zanelli. Gravador: Sergio Grossi. Lenda: ARMA DEI CARABINIERI / CLXXX / 1814 -1994 / L. 200. Tiraxe: 200.008.500 exemplares. miniatura|240x240px|200 liras (1996): Centenario da Guardia di Finanza."200 Lire Academy of 'Guardia di Finanza'". Numista.com"200 Lire (100th anniversary Academy Guardia di Finanza)". Colnect.com
Guardia di Finanza Ano: 1996 Motivo: centenario da fundación da academia da Guardia di Finanza. Anverso: círculo decorado, dividido en dous semicírculos separados por unha fita co nome do país en letras incusas. Na parte superior o Palacio Real de Caserta, a primeira sede da academia en 1896; e na parte inferior a sede actual en Bérgamo. Gravador: Eugenio Driutti. Lenda: REPUBBLICA ITALIANA. Reverso: cartela co valor facial incuso, que divide o campo en dúas partes. Na superior, o escudo de armas da Guardia di Finanza, cun estandarte enriba co seu lema: NEC RECISA RECEDIT. Na inferior, sombreiro e espada de cadete da academia. Gravador: Eugenio Driutti. Lenda: CENTENARIO DELL'ACCADEMIA DELLA GUARDIA DI FINANZA / 1896 1996 / L.200. Tiraxe: 200.008.000 exemplares. miniatura|240x240px|200 liras (1997): Centenario da Liga Naval Italiana."200 Lire Italian Naval League". Numista.com"200 Lire (100th anniversary Italian Naval League)". Colnect.com
Liga Naval Italiana Ano: 1997 Motivo: centenario da Liga Naval Italiana, establecida en 1897 en La Spezia por Augusto Vittorio Vecchi. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: escudo de armas da Liga Naval Italiana (selo redondo co monograma LNI e o nome da institución, sobre unha áncora); enriba, un barco navega cara á dereita, coas datas do centenario a proa e a popa. Gravador: Ettore Lorenzo Frapiccini. Lenda: 1897 / 1997 / LEGA NAVALE ITALIANA / 200 LIRE. Tiraxe: 400.008.450 miniatura|240x240px|200 liras (1999): Protección do patrimonio cultural polos Carabinieri."200 Lire Carabinieri Art Squad". Numista.com"200 Lire (30th Anniversary of Carabinieri prot.)". Colnect.com
Protección do patrimonio Ano: 1999. Motivo: 30º aniversario do establecemento da unidade dos Carabineiros para a protección do patrimonio cultural. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: símbolo dos Carabineiros: unha granada cunha lapa de trece puntas, co monograma RI (República Italiana) e á súa esquerda o David de Donatello, como representación do patrimonio artístico italiano. Gravador: Ettore Lorenzo Frapiccini. Lenda: 1969 · 1999 / L.200 / CARABINIERI TUTELA PATRIMONIO ARTISTICO. Tiraxe: 105.08.500 exemplares. miniatura|240x240px|San Marino. 200 liras (1997): Pintura. Emisións da República de San Marino Antes da asunción do euro, a República de San Marino tivo como unidade monetaria oficial a liga sanmarinesa, cun valor fixo ligado ao da lira Italiana. En virtude dunha convención monetaria asinada por ambos os países o 10 de tetembro de 1971 e logo convertida en lei, o Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato cuñou modelos propios para San Marino, coas mesmas características métricas que as da moeda italiana."§ 94.1.470 - Legge 13 dicembre 1972, n. 816". http://www.edizionieuropee.it
Existen 24 modelos diferentes das moedas de 200 liras cuñadas para San Marino, emitidas anualmente de xeito ininterrompido desde 1978 ata 2001."San Marino • Lira (1864-2001): 200 lire". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Boasso, A. (2008). Catalogo Alfa delle Monete italiane e Regioni. 33ª ed. Alfa Edizioni, Turín. ISBN 978-8888032092 Gigante, F. (2022). Gigante 2023. Catalogo nazionale delle monete italiane dal '700 all'euro. Gigante Editore. ISBN 978-8889805442 Montenegro, E. Montenegro 2022. Manuale del collezionista di monete italiane. 38ª ed. Torino, Edizioni Montenegro. ISBN 978-8888894034
Outros artigos
Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato Lira italiana
Categoría:Lira italiana Categoría:Moedas conmemorativas