Agrestio (en latín: Agresti ou Agrestius) foi bispo de Lucus Augusti (Lugo), no Reino Suevo de Galicia, no século V.
Traxectoria Consta a asistencia de Agrestio ao Primeiro Concilio de Orange no ano 441. Identifícaselle como autor do Versus Agresti episcopi de fide ad Avitum episcopum ( Versos do bispo Agrestio sobre a fe ao bispo Avito ),Consello da Cultura Galega (ed.), Documentos da Catedral de Lugo, (Santiago de Compostela, 1998) un poema e carta dirixida a Avito de Braga.
O cronista Hidacio, na súa crónica de 433, suxire que Agrestio tiña tendencias priscilianistas e relata no ano 433: «In Conventu Lucensi contra voluntatem Agrestii Lucensis Episcopi, Pastor, et Syagrius Episcopi ordinantur»«No convento lucense contra a vontade de Agrestio, bispo de Lugo, Pastor e Siagrio son ordenados bispos»
Notas
Categoría:Bispos de Galicia Categoría:Século V