The New Pornographers é unha banda de indie rock canadense formada en 1997 en Vancouver, British Columbia. O seu son está moi influenciado por bandas de power pop como The Cars e Cheap Trick, a pesar de que as súas composicións son melódica e harmonicamente máis complexas.

Traxectoria A banda formouse na cidade e Vancouver no ano 1997 e o seu nome foi elixido por Carl Newmann, que afirma que se lle ocorreu despois de ver unha película xaponesa traducida ao inglés como The Pornographers. Porén, moitos escritores asumiran que facía referencia á palabras do teleevanxelista Jimmy Swaggart, que dicía que o rock and roll era "a nova pornografía".

Ata a data The New Pornographers leva publicados sete álbums de estudio: Mass Romantic (2000), Electric Version (2003), Twin Cinema (2005), Challengers (2007), Together (2010), Brill Bruisers (2014) e Whiteout Conditions (2017). Un álbum ao vivo gravado durante a súa xira do 2006 está só dispoñible nos seus concertos e a través da páxina web da banda.

Discografía Álbum Ano Selo Mass Romantic 2000 Mint Records, Matador Records Electric Version 2003 Mint Records, Matador Records Twin Cinema 2005 Mint Records, Matador Records Challengers 2007 Last Gang Records, Matador Records Together 2010 Matador Records Brill Bruisers 2014 Matador Records Whiteout Conditions 2017 Concord Music Group In the Morse Code of Brake Lights 2019 Concord Music Group Continue as a Guest 2023 Merge Records The Former Site Of 2026 Merge Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda

Categoría:Grupos musicais de Vancouver Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Supergrupos Categoría:Grupos musicais formados en 1997 Categoría:Artistas de Matador Records